miércoles, 22 de diciembre de 2021

CLUB DE LECTURA ... A BUSCA DO BILLETE DOURADO

O pasado luns os membros do Club de Lectura participaron na derradeira actividade do ano. A busca do billete dourado na biblioteca. As pistas estaban ben agachadas pero os nosos alumnos foron quen de superar a proba. Noraboa!!








 

jueves, 16 de diciembre de 2021

VISITA DOS USUARIOS DO CENTRO DE DÍA

Hoxe, o alumnado e as mestras de quinto de primaria rebiron a visita dos usuarios do Centro de Día de Curtis, cos cales xa mantiveran unha conversa telemática un mes antes.

Intercambiamos conversas, cancións, bailes, panxoliñas, ...e tamén agasallos. Os nenos realizaron unhas postais personalizadas para cada usuario e eles elaboraron uns xabóns  para os neno.

Foi un encontro agradable, emotivo e especial. Agardamos vernos de novo!



martes, 16 de noviembre de 2021

viernes, 12 de noviembre de 2021

MES DA CIENCIA EN GALICIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. EXPERIMENTAMOS.

 


Os alumn@s de 2º de primaria estudaron os volcáns a través dos libros da nosa biblioteca, realizaron diversas actividades para comprender o seu funcionamento e finalmente recrearon un volcán. Aquí tedes un video do seu proxecto:


Os alumnos de 6º de primaria partticiparon nun obradoiro de robótica. 






martes, 2 de noviembre de 2021

lunes, 1 de noviembre de 2021

MES DA CIENCIA EN GALEGO- CIENCIA E ARTE

 


Arte e ciencia dialogan e discuten entre si. Con frecuencia cométese o erro de considerar ambas como disciplinas opostas pero en realidade poden complementarse e axudarse, soamente que son dúas formas diferentes de explorar o mundo que as veces se atopan. 

En realidade ciencia e arte están conectadas e ningunha forma de coñecemento é impermeable a outra. Senón, como podería crearse unha obra plástica sen as técnicas aportadas pola ciencia? e como poderíamos interpretar a elección dos materiais? Polo tanto a ciencia é unha ferramenta para a arte tal e como afirma Déborah Bello, investigadora da relación entre a relación entre arte e ciencia e divulgadora científica.

A relación da arte e a ciencia podémola observar nas  ilusións ópticas. Aquí vai un exemplo:




MES DA CIENCIA EN GALEGO 2022


Iniciamos este mes de novembro coa difusión dun texto a modo de manifesto da profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial Amparo Alonso Betanzos. Salienta que 

 "... a ciencia é o piar do benestar social e económico, o coñecemento xera persoas esociedades máis libres e críticas e as bibliotecas son, en parte, as gardas dese coñecemento. Que máis necesitamos para gozalas?."
 





 

viernes, 29 de octubre de 2021

SAMAÍN NO CEIP DE CURTIS

Entrado o mes de novembro, deixamos atrás o Samaín e a súa celebración. Este ano propuxémoslle ao alumnado que decorase cabazas unindo a temática do Samaín co proxecto do centro "Namor-ARTE". 

O noso alumnado e as súas familias traballaron duro e conseguiron facer verdadeiras obras de arte, tal e como se pode comprobar no seguinte vídeo. 

Despois de velas expostas, mesmo lle poderiamos chamar "Cabaz-ARTE" para ir en consonancia co noso proxecto. Verdade que é un nome ben artístico? Ocórreseche algún outro máis acaído?

Agardamos que vos gusten as creacións do noso alumnado!

Para os e as que queirades saber máis sobre a celebración do Samaín en Galicia podedes picar aquí ou aquí



UNHA HISTORIA MÁIS QUE DE MEDO/ UN CONTO VIAXEIRO

Os alumnos do centro elaboraron un conto viaxeiro de medo relacionado co proxecto "namorARTE" deixando voar a súa imaxinación e a creatividade. Comezou a súa viaxe na clase de 3 anos ata chegar a 6º que foron os encargados de poñerlle fin. Para ler o conto premede na imaxe. 





martes, 26 de octubre de 2021

LIBROS SOBRE O PROXECTO NAMORARTE


Poñemos á vosa disposición unha selección de libros sobre o proxecto "namorARTE", para ler e compartir. Tamén podedes vivsitar o noso taboleiro de PINTEREST cunha escolma de libros sobre o proxecto: 






LECTURAS DE SAMAÍN


Xa podedes visitar na nosa biblioteca un recuncho no que se escolleron algúns dos títulos mais arrepiantes... . Tamén podedes votar un ollo ao noso taboleiro de pínterest cunha escolma de títulos propios para estas datas: 




lunes, 25 de octubre de 2021

COÑECEMOS A ARTE DE YAYOI KUSAMA

 

Os nenos e nenas de 5º de infantil investigaron sobre unha das artistas xaponesas mais importantes a nivel internacional YAYOI KUSAMA cun estilo conceptual, minimalista e cun aire pop. A súa arte e facilmente recoñecible polo emprego de cabazas grandes e pequenas sempre cubertas por un "manto de lunares" se queredes saber mais cousas desta artista podedes ver o seguine video:




DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hecho con Padlet

MAGOSTO `POP ART

Dentro do proxecto "namorARTE" e en colaboración co Equipo de Dinamización sa Lingua Galega para conmemorar o magosto POP ART cada clasedecorou a súa castaña para facer un mural ao máis puro estilo do artista Andy Warhol. Aquí podedes ver o resultado: 








CLUB DE LECTURA CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE (I)

 


Hoxe tivo lugar na nosa biblio a primeira reunión do Club de Lectura na que repartimos os libros aos nosos membros. Pronto teremos a seguinte reunión pero mentras disfrutade da lectura.