viernes, 30 de abril de 2021

lunes, 26 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO 5. APAGA O TELÉFONO, COLLE UN LIBRO E ACENDE A IMAXINACIÓN

 Para a conmemoración do Día do Libro o 23 de abril o Concello de Curtis en colaboración co CEIP de Curtis, o Ceip de Teixeiro e o IES de Curtis lanza unha producción audiovisual de fomento da lectura alertando dos perigos que supón o uso sen control das novas tecnoloxías. Co lema "Apaga o teléfono, colle un libro e acende a imaxinación" reivinidica a lectura como forma de diversión e de descubrir novos mundos. 





jueves, 22 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO 4. A LECTURA MARCA O RUMBO: SEGUE LENDO PARA NON PERDELO

 Con motivo da celebración do Día do Libro, o 23 de abril, propuxemos dende o equipo da biblioteca a actividade que leva por título:

"A lectura marca o rumbo; segue lendo para non perdelo"

Un libro aquí, un libro alá ...

Ai búscao, ai búscao!!

Ao te redor el andará.

Ai búscao, ai búscao!!

Preto de ti sempre estará,

Ai búscao, ai búscao!! 

E moi lonxe con él irás.

Aí está; xa o verás.

Cada ciclo debe familiarizarse cun libro, xa coñecido por algúns alumnos, para logo poder atopalo no patio do colexio, seguindo unha serie de pistas. Unha vez atopado puideron ler algúns fraagmentos. 

Os libros escollidos foron os seguintes:

1º e 2º Alicia no país das marabillas

3º e 4º  O principiño

5º e 6º Os tres porquiños


 

martes, 20 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO 3. RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Para conmemorar o Día do Libro os alumn@s do Ceip de Curtis fixeron estas  recomendacións lectoras.

Hecho con Padlet

SEMANA DO LIBRO 2. NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

Aproveitamos a Semana do Libro para amosar as novas adquisicións para a nosa biblioteca que podedes ver (pero non tocar) na entrada do cole. Pero non vos preocupedes que a semana que ven poderedes disfrutar delas a través das bibliotecas de aula. Esperamos que disfrutedes da súa lectura.








 

lunes, 19 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO 1. COÑECE Á ESCRITORA HARRIET MUNCASTER

 

Queres coñecer a Harriet Muncaster? 
O vindeiro sábado 24 abril ás 12:00 horas poderás coñecer á creadora da colección Isadora Moon.
 Neste evento poderás debuxar con ela, facerlle preguntas e moitas sorpresas máis. 
Compartimos con vós o enlace no que vos podedes inscribir ata o 23 de abril. 


viernes, 9 de abril de 2021

RADIO RADIOLA/EMISIÓN DE 4º DE INFANTIL







 

BUSCA DE OVOS DE PASCUA

A Asociación de Comerciantes de Curtis convidou aos alumnos do cole cun delicioso agasallo, uns ovos de chocolate!!! Pero a cousa non fi sinxela, tiveron que seguir as pista ata atopalos. Así foi a busca por Curtis: 

4º de educación infantil

5º de educación infantil


6º de educación infantil


1º de primaria


2º de primaria:


3º de primaria:

 

4º de primaria:

5º de primaria:


6º de primaria