martes, 22 de diciembre de 2020

POSTAIS DE NADAL



UN NADAL CON CORAZÓN

 

UN NADAL CON CORAZÓN

Xuntanzas, apertas

beixos, agasallos

seguimos con eles

dende o corazón;

sentindo que estamos aí

non haberá dor!!!


Xa ven o Nadal

O Nadal xa vai vir,

con saudade e ledicia

ímolo recibir!!!


Abrindo a ventá 

unha brisa se achega

trae con ela unha forza

que connosco se queda; 

facendo que o que está lonxe 

estea aquí cerca!!!


Xa ven o Nadal

O Nadal xa vai vir,

con saudade e ledicia

ímolo recibir!!!


Un raio de Sol,

noites de luar 

consolan as penas neste camiñar; 

seguimos loitando por vernos

por nos abrazar!!!


Xa ven o Nadal

O Nadal xa vai vir,

con saudade e ledicia

ímolo recibir!!!


Xunta as mans e saúda

en sinal de amizade, 

un mirar é un "te quero"

na nosa realidade; 

queréndonos sempre, 

iso sí, de verdade!!!


Xa ven o Nadal

O Nadal xa vai vir,

con saudade e ledicia

ímolo recibir!!! (bis)

Composición de Lourdes Castiñeira Blanco


viernes, 18 de diciembre de 2020

SAÍDA POR CURTIS: "CURTIS SALVA O NADAL"





Ao longo desta semana os alumnos e alumnas de educación primaria do CEIP de Curtis fixeron un percorrido pola vila para ler un conto escrito pola asociación de comerciantes de Curtis titulado"Curtis salva o Nadal". Puideron coñecer a historia a través dos 35 establecementos da localide, xa que en cada un dos escaparates figura unha páxina do conto ilustrada e un desexo de cada comerciante. Ademáis tedes ata o 25 de novembro para participar no certame "Curtis salva o Nadal" convocado pola Asociación de Comerciantes de Curtis.


CLUB DE LECTURA... CARTAS DENDE HOWARDS

 



Hoxe chegaron ao noso buzón unhas cartas da Escola de Maxía e Feiticería de Howards para algúns dos nosos alumnos. Non esquezades o voso billete para coller o tren a Howards o vindeiro día 21 ás 11:30 na plataforma 9 3/4.


viernes, 4 de diciembre de 2020

CLUB DE LECTURA... O MUNDO MÁXICO DE HARRY POTTER.


Un ano máis facemos unha nova convocatoria do Club de Lectura. Nesta ocasión coa temática "O Mundo Máxico de Harry Potter". Poderán inscribirse os alumnos de 5º e 6º de primaria que o desexen. Teñen de prazo ata o vindeiro 14 de decembro no despacho de dirección.

¡Animádevos!

jueves, 3 de diciembre de 2020

DÍA DA DIACAPACIDADE




Dende a Biblioteca propoñemos para a conmemoración do Día Internacional da Discapacidade o 3 de decembro os seguintes curtos:




Tamara é un curto de animación, creado por House Boat Animation Studio, que conta a historia duhna nena e o seu soño por bailar, a pesar das circunstancias.





Un neno que recibe un cachorro como regalo. Ao principio, o rapaz non mostra aprecio alguno por él, pero pronto decátase de que ten o mesmo problema, e trata de aceptalo. Esta conmovedora historia reflexiona sobre a importancia das cousas sinxelas e o amor propio.


Curtamtraxe de animación realizado polo debuxante Miguel Gallardo, padre dunha nena con autismo.


Academia de especialistas mostra duhna maneira amena e divertida as habilidades especiais que teñen moitas persoas con autismo e que non sempre se comprenden cuando se ven dende fora. Dentro da súa labor por facer chegar o coñecemento do autismo á sociedade, a Fundación Orange produce esta
curtametraxe de animación realizado polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha nena con autismo.



 

miércoles, 4 de noviembre de 2020

NOVEMBRO/ MES DA CIENCIA EN GALEGO


Neste mes de Novembro, mes da ciencia en galego, queremos conmemoralo compartindo o manifesto de Xurxo Mariño Alonso "O feitizo da ciencia". Ademáis puxemos á disposición dos titores e dos alumnos unha pequena escolma de libros sobre ciencia en galego que está a vosa disposición na nosa Biblioteca.


lunes, 2 de noviembre de 2020

INSCRÍBETE EN GaliciaLe

 


Coma xa sabedes durante o confinamento ofrecemos a posibilidade de acceder á plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas GaliciaLe.

Esta plataforma é un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital organizado por temáticas e idades que contén un catálogo de obras en galego e en castelán. 

As obras ofrecidas a través deste servizopoderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tablets, teléfonos móviles e ordenadores.

A Biblioteca do Ceip de Curtis en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal de Teixeiro ofrece a posibilidade de que os alumnos e mestres do Ceip de Curtis poidan xestionar a solicitude do carné de usuarioda Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e así acceder á plataforma de préstamo.

viernes, 30 de octubre de 2020

LECTURAS DE BRUXAS, VAMPIROS E ...MOITO MISTERIO

 






CABAZAS E CABACIÑAS ... UNHA EXPOSICIÓN VIRTUAL


 

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN UNHA NOVA ANDAINA ... CURSO 2020/21

 


24 DE OUTUBRO- DÍA DAS BIBLIOTECAS



Hoxe, día das Bibliotecas escolares comezamos o proxecto "A NOVA REALIDADE", dun xeito diferente, pero todos XUNTOS. 
Os alumnos do centro, dende infantil ata 6º de primaria recitaron a poesía "SEGUIMOS AQUÍ", composta pola mestra Lourdes Castiñeiras. Agardamos que vos guste tanto como a nos. 

SEGUIMOS AQUÍ

Ánimos e forza, 
fannos moita falta
e unhas novas medidas, 
para poñer en práctica.

Unha nova situación
temos que vivir,
lembra que o teu
non debes compartir.

Seguimos aquí,
imos comezar
volvemos ó cole
é preciso xa. 

Preparados estaremos, 
control de temperatura
leva sempre unha máscara, 
iso é cousa túa.

Sempre limpas as túas mans,
usa xel hidroalcohólico,
auga e moito xabón,
diso precisamos moito.

Seguimos aquí,
imos comezar
volvemos ó cole
é preciso xa. 

O teu propio material
debes ti sempre usar,
aínda que morras de gañas,
está prohibido, non compartas.
Segue sempre as instruccións,
na túa escola día a día.
Xuntos pero na distancia, 
podemos facer vida.

Seguimos aquí, 
imos comezar
volvemos ao cole 
é preciso xa (bis).

Autora: Lourdes Castiñeira
 







 

MANUALIDADES NO SAMAÍN

 Este curso celebramos o Magosto facendo manualidades con castañas podedes ver como quedaron no seguinte video:





viernes, 16 de octubre de 2020

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO


 Queridos nenos e nenas:

Como ben sabedes estamos vivindo uns momentos distintos na sociedade e tamén  na escola. Esta é unha NOVA REALIDADE e quixemos que así se chamase o noso proxecto de biblioteca este curso. 

Cada curso poñemos en marcha o noso proxecto facéndoo coincidir co Día da Biblioteca, 24 de outubro.

Do mesmo xeito que facemos falta para combater esta pandemia chamada COVID 19, tamén facemos falta todos e todas para celebrar o Día da Biblioteca.

Meus queridos amigos e amigas a nosa vida é coma un libro, porque tanto na vida coma nos libros hai un montón de historias. Neste momento estamos nun capítulo ben especial no que todos temos que colaborar, facendo o que nos mandan polo ben noso e do mundo.

O equipo da Biblioteca 

jueves, 10 de septiembre de 2020

BENVIDA / CURSO 2020/21

 

Ola de novo!!! Un novo curso está a comezar cargadiño de actividades. 

Estade atentos porque este curso a nosa Biblioteca ven cargada de novidades, actividades, mochilas viaxeiras, ... e máis.


RAIOLA


viernes, 15 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (V) EN GALEGO


Fai un ano, por estas datas, estábamos cantando e bailando no patio do colexio con Paco Nogueiras, recordades? Pois decidimos escoller unha desas cancións para esta ocasión. As mestras quixemos representar dalgún modo o respecto e o orgullo que temos pola nosa lingua e decidimos abrir de novo a maleta,  facendo tamén unha pequena homenaxe ao autor que conmemoramos este ano, RICARDO CARVALHO CALERO.
Agardamos que vos guste e que comprobedes que EN GALEGO...MEU O MUNDO É !!!!
Preme na imaxe para velo.
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020
BIBLIOTECA DO CEIP DE CURTIS



jueves, 14 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (IV) DESCUBRE AS LETRAS


Os estudos, celebracións e recoñecementos para o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2020 están agora mesmo cubertos cun manto escuro chamado COVID19.
A poboación confinada, os actos adiados, as escolas pechadas... cantos impedimentos para un homenaxeado que leva décadas proposto para a honra do Día das Letras e para o que, por fin, chegara o momento. Érguense voces pedindo un 2021 tamén para Carvalho Calero, semella que a situación actual non é axeitada para lle facer xustiza a este ilustre persoeiro para o que, por fin, chegara a hora do recoñecemento.
Mentres a situación se aclara sabemos da vosa heroicidade, vós podedes rescatar as Letra Galegas, anímaste á aventura?

Se queredes pasar un bo rato pinchade na imaxe de abaixo.

miércoles, 13 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (III) O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CALERO

 Os membros da Real Academia Galega estaban preparando todo para celebrar a festa das Letras cando, por mor o COVID-19 tiveron que liscar para as súas casas diexando todo tal e como estaba! 
Como a todos nós, pillounos por sorpresa e quedou todo ciscado sen moita orde.
Serás quen de buscar os libros perdidos, axudándolles a ordenar todo para poder coñecer un pouco máis da vida e obra deste autor?
Preme na imaxe para xogar.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020
BIBLIOTECA DO CEIP DE CURTIS

martes, 12 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (II) AS PITAS BAIXO A CHOIVA



Ludivina e Tareixa son dúas galiñas que viven no corral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que ás veces ven a xogar con elas. Pero temen que ese día chova, pois cando esto acontece Ricardiño tolea e as persegue ata encerralas no corral...
Podedes ver este conto no seguinte video e facer as fichas interactivas. Esperamos que vos guste.

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020
CEIP DE CURTIS

lunes, 11 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (I) SEMINARIO GALÁN


Como xa sabedes, este ano o homenaxeado polas letras galegas é Ricardo Carvalho Calero. Abaixo podedes coñecer datos sobre a súa vida e realizar algunhas actividades na páxina do seminario Galán.
Premede na imaxe para acceder:



SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020
BIBLIOTECA DO CEIP DE CURTIS

jueves, 30 de abril de 2020

CLUB DE LECTURA ... ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS





O Club de Lectura continúa aberto.
Queredes adentrarvos no mundo máxico de Alicia no País das marabillas?
Seguide ao coello branco e descubriredes un mundo inundado de fantasía.

INSCRÍBETE
bibliotecacurtis@gmail.com
(para alumnos de 5º e 6º de primaria)


jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o Día do Libro na distancia tedes unos videos con suxestións dos nosos alumnos e Mestres. Preme no play e toma nota!: 













O DÍA DO LIBRO ... #lecturasnacasa

Hoxe conmemórase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e para celebralo por todo o alto toma boa nota dos libros que che recomendamos e que poderás disfrutar na casa.

Para os máis pequeniños, CONTOS CONTADOS en Kalandraka TV:
http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33


Tamén podedes disfrutar de contos en liña (EDITORIAL XERAIS)

 Para acceder a este conto e algún mais pincha abaixo


Contos da Editorial PINTAR-PINTAR a través da iniciativa #yomequedoencasaleyendo



 E porsuposto novidades, grandes clásicos e máis en GaliciaLe rexistrándose e accedendo coas vosas claves.

A ler!


martes, 21 de abril de 2020

PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DE OBRAS EN FORMATO ELECTRÓNICO


As bibliotecas públicas de Galicia facilitan ás dúas plataformas de préstamo de libros electrónicos: unha en galego (GaliciaLe) e outra en castelán (eBiblio).
Este é un servizo para os socios/as dalgunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia, pero con motivo da corentena podedes acceder igualmente. Rexistrándose e coas claves que recibiredes teredes acceso as dúas plataformas. 
Cando remate a corentena, disporedes de 30 días para achegarvos á biblioteca e solicitar o carné.


lunes, 9 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



O 9 de marzo conmemoramos no colexio o Día Internacional da Muller (sinalado en todo o mundo o 8 de marzo). Xuntámonos todos e cantamos as cancións “Ella” de Bebe e “Son muller” do grupo Máis boas que as patacas. Ademais, para traballar a importancia deste día, cada aula estivera días antes recompilando información sobre a figura e importancia de mulleres dos distintos países e culturas estudiados no noso Proxecto. E así, dende as mariscadoras galegas ata madame Curie, creamos unha exposición no corredor da entrada do colexio.
Podédelo ver dándolle ao play


viernes, 6 de marzo de 2020

RADIO RADIOLA ... DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 6 de marzo, as nenas e nenos de cuarto de educación primaria acudimos á radio do noso cole para facer un programa de radio. Tratándose dunha data tan próxima ao 8 de marzo, decidimos que o noso programa estivese dedicado ao Día Internacional da Muller. E coas palabras de Guadi Galego "nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá" despedímonos ata a próxima emisión.
Dádelle ao play para escoitarnos:





CHARLA INFORMATIVA NA BIBLIOTECA SOBRE OS PERIGOS NAS REDES SOCIAIS




Hoxe, dentro das actividades programadas nas xornadas de portas abertas os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria tiveron unha charla na Biblioteca sobre os "PERIGOS NAS REDES SOCIAIS".

LECTURAS RECOMENDADAS - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Aquí van algunhas recomendacións paro o Día Internacional da Muller que conmemoraremos o vindeiro 9 de marzo.

viernes, 28 de febrero de 2020