viernes, 25 de noviembre de 2022

ACTIVIDADE POLA IGUALDADE


O pasado xoves 24 de novembro o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria tivo oportunidade de participar nunha actividade en colaboración co CIM do Concello de Curtis co obxectivo de promocionar a igualdade entre homes e mulleres.

sábado, 5 de noviembre de 2022

OS INVENTOS DE JULES VERNE


Ao longo deste curso levaremos adiante un Proxecto Integrado a nivel de centro sobre os inventos. Se pensamos nun escritor no que os inventos teñen un papel relevante ese e Jules Verne, un escritor adiantado ao seu tempo e que imaxinou unha serie de inventos que aínda tardarían moitos anos en facerse realidade. Dende a biblioteca propoñemos a lectura das súas viaxes fantásticas e que vos deixedes levar... 






 

viernes, 4 de noviembre de 2022

VISITA AO MUNCYT DO ALUMNADO DE INFANTIL


 O xoves, 3 de novembro, todo o alumnado de educación infantil visitou o MUNCYT (Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía), onde fixeron un percorrido polo bazar da ciencia e a tecnoloxía, vendo cómo evolucionaron obxetos que nos rodean e descubrindo algúns dos inventos que revolucionaron o século XX.

   Nas salas do Museo observaron, entre outras moitas cousas, dende o primeiro ordenador que chegou a España ata a lanterna da Torre de Hércules, e incluso subiron a un Jumbo de Iberia . A visita tiña moito que ver co noso proxecto INVENTOS; nunha das salas, admiraron un muro adicado aos inventores.

   Resultou unha mañá moi interesante.