viernes, 26 de febrero de 2021

RADIO RADIOLA/EMISIÓN DE 3º DE PRIMARIA

 



O venres 26 de febreiro, o alumnado de terceio de Educación Primaria acudimos á radio do noso cole para facer un programa de radio. Tratándose dunha data próxima ao 24 de febreiro, decidimos que o noso programa estivese adicado a Rosalía de Castro. 
Dádelle ao play para escoitarnos.





jueves, 18 de febrero de 2021

COCIÑANDO DOCES DE ENTROIDO

Durante a semana do 8 ao 12 de febreiro, os alumnos, alumna e mestras do CEIP de Curtis trouxeron cada día da semana o que mandaba o Meco. 0 día 12 cada un trouxi o disfraz que quixo, aínda que se propuxo que tivese que ter co tema do proxecto: unha nova realidade.

Tamén foron mandando fotos facendo os postres típicos do entroido na casa: filloas, rosquillas, orellas, ... Hai que dar moitas grazas pola colaboración dos nenos e nenas así como das familias. 














    

viernes, 12 de febrero de 2021

RADIO RADIOLA/ EMISIÓN DE 5º DE PRIMARIA

Con motivo do Día Mundial da Radio e do Día do Amor os alumnos de quito de primaria escribiron un conto que titularon: "Un taller de cariño" e que levaron á radio Raiola para compartir con todos o AMOR, tan necesario nesta nova realidade
Que o amor e a saude estea sempre con tod@s.





 

lunes, 1 de febrero de 2021

OBRADOIRO DE CORAZÓNS

 Dende  o  CEIP de Curtis    os nenos e nenas  queren   desexar  ao  mundo   AMOR  .

Un AMOR con letras maiúsculas , porque o amor   é cariño , confianza , dozura, sorrisos...

Están  elaborando uns corazóns  para  que no seu pobo  se palpe  un ambiente de AMOR .

Aí  tedes












A PAZ É UN "CANTO Á VIDA"

 No  CEIP  de Curtis  celebramos  A PAZ  cada día do ano , pero  como  esta celebración   ten un día marcado no calendario , o  30  de xaneiro .

Para este día , os nenos e nenas do centro  decoraron   Pombas da Paz  , cada un ao seu xeito,  e pegáronas  nas cortizas dos seus corredores .

Durante  toda a semana  estivemos escoitando   a canción  de Vanesa Martín  " Un canto  a la vida " .
Elixiuse esta canción  porque  a situación que estamos a vivir  , nesta nova realidade  só  temos que cantarlle  á VIDA .