jueves, 19 de mayo de 2022

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (III)

 


Hoxe, co gallo da programación da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS visitounos a toupiña e o seu axudante Protonio que andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos  empregando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que teñen as preguntas para que o coñecemento avance.
Encantounos TOUPICIENCIA SHOW!!!

miércoles, 18 de mayo de 2022

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (II)

 



Co gallo da celebración das Letras Galegas e en relación ao noso proxecto namor-ARTE, tivo lugar no noso centro un concerto dos mestres da escola de música que abrirá as súas portas no vindeiro curso no concello de Curtis. 

martes, 17 de mayo de 2022

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (I)

 


A través do seguinte enlace podemos acceder á páxina da Real Academia Galega que nos convida a celebras a festa das letras galegas coñecendo a biografía  do homenaxeado Florencio Delgado Gurriarán. 



viernes, 13 de mayo de 2022

martes, 10 de mayo de 2022

CINE NA BIBLIO ... AS BRUXAS

 


Hoxe os membros do club de lectura tiveron unha sesión de cine na biblio. Vimos o libro "As bruxas" que foi levado ao cine en varias ocasións na versión cinematográfica de Robert Zemeckis. Por suposto foi fabuloso voltar as sesións de cine na nosa biblio. O próximo libro que leremos será outro clásico, esta vez da man de Lewis Caroll, as aventuras de "Alicia no país das marabillas" ... pero iso xa é outra historia. 




viernes, 6 de mayo de 2022

PLAN ELBE.2



A partir do vindeiro martes día 10 de maio os alumnos que participan no club de lectura poderán solicitar o acceso á plataforma do proxecto E-LBE.2, de lectura e préstamo de contidos dixitais nas bibliotecas escolares. 
 Facilitaráse un dispositivo electrónico de lectura poder acceder aos mais de 3500 títulos, que se poden ler en todo tipo de dispositivos (ordenador, tableta, móbil...), con dispoñibilidade de lectura en liña e fóra de liña (accesible 24/7). 
Cada mes terán acceso a tres libros, e o préstamo xestionarase dende o centro.



CLUB DE LECTURA ... ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS





 

EMISIÓN DE RADIO RADIOLA DE 1º DE PRIMARIA

 








martes, 3 de mayo de 2022

OBRADOIRO DE ROBÓTICA COS ALUMNOS DE 6º DE INFANTIL

 Hoxe os alumnos de 6º de primaria coñeceron a Raio, o noso escornabot. Os nenos e nenas de 5 anos construiron un circuito para el, pero a parte máis complicada foi facelo chegar á meta. Serían quen de conseguilo. Preme no video para comrobalo:



LECTURAS CON UVA (AULA DE 4º DE INFANTIL)

Esta semana na actividade LECTURAS CON UVA foi o turno dos máis pequeniños, os alumnos de 4º de infantil. O libro escollido para ler na compaña de Uva foi "Monstro Rosa" da autora Olga de Dios. Disfrutamos moito da experiencia con esta cadeliña tan cariñosa e paciente. Podedes ver un resumo da actividade no seguinte video: