lunes, 13 de noviembre de 2023

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA ANDAINA



Un curso mais as mochilas viaxeiras comezan a súa andaina. mochilas cheas de personaxes, viaxes fantásticos, aventuras incribles, experimentos e moitas cousas mais para descubrir en familia.
As mochilas conteñen fondos da nosa biblioteca para ler, compartir en familia, defrutalos xuntos, ... Tamén incluímos algún xogo para divertirse en familia e por suposto o caderno viaxeiro no que recoller as vosas impresións, opinións e suxestións sobre o contido da mochila e tamén algún debuxo que ilustre os vosos comentarios.

Se queredes ver o contido premede no video.




 

lunes, 2 de octubre de 2023

PRIMEIRO PREMIO NACIONAL DE CLUBS DE LECTURA

 

Hoxe temos a gran sorte de poder compartir con toda a comunidade educativa do Ceip de Curtis a alegría por ter recibido o primeiro premio nos Clubs de Lectura do Ministerio de Educación e formación profesional.
Este centro educativo xa recibira un segundo premio no curso anterior. Este ano, logramos o primeiro e énchenos de satisfacción porue ademáis da dotación económica ( 5000 euros) que nos permitirá facer melloras na biblioteca sentimos orgullo polo recoñecememto a unha labor que levamos facendo durante anos.

No seguinte video podedes ver un resumo do club de lectura do curso 2022/23 "O MUNDO MÁXICO DE HARRY POTTER" que resultou premiado.



lunes, 11 de septiembre de 2023

BENVIDOS AO CURSO 2023/24

 


Durante este curso 2023/24, dende a biblioteca propoñemos levar a cabo o proxecto integrado a nivel de centro titulado “Galicia somos nós”, a través do cal pretendemos afondar no coñecemento de Galicia de forma poliédrica. Galicia en canto a identidade eco-xeográfica, en canto a organización política e devir histórico propio que actúa no presente e mira cara o futuro.

Afondaremos na historia e orixe de Galicia para comprender a singularidade propias da nosa lingua e cultura. Tamén trataremos de coñecer o medio natural galego, as paisaxes e os espazos do territorio galego que inciden na configuración da sociedade, da economía e das comunicacións permitíndonos identificar fortalezas, debilidades e desafíos para a Galicia do futuro na que os nenos de hoxe serán os protagonistas. 

Finalmente coñeceremos algunhas das manifestacións máis representativas do patrmoio etnográfico galego.

TODO UN RETO!!! 

viernes, 16 de junio de 2023

UN CLUB DE LECTURA MÁXICO

 


Neste video podedes ver resumida a actividade do noso club de lectura ao longo do curso 2022/23.
Foi un club de lectura máxico no que compartimos lecturas, conversas, impresións e moito máis. O equipo da biblioteca quere agradecerlles a súa participación e invitalos a vindeiras edicións.

GRACIAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!

jueves, 8 de junio de 2023

EXCURSIÓN Á CIDADE DE LUGO DO CLUB DE LECTURA

Os alumnos do Club de Lectura do Ceip de Curtis visitan a cidade de Lugo

Excursión a Lugo dos alumnos do club de lectura

OS ALUMNOS DO CLUB DE LECTURA DO CEIP DE CURTIS VISITAN A MURALLA DE LUGO


 Como remate da actividade do Club de Lectura participaron nunha excursión gratuita á cidade de Lugo, percorrendo as rúas, visitando a muralla, con xogos pola cidade e no escape room "Guerra Máxica". Pasamos unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto.

 

lunes, 29 de mayo de 2023

OS INVENTOS MÁXICOS DE HARRY POTTER NO CLUB DE LECTURA


Na última sesión do club de lectura na biblioteca visionamos algúns dos fragmentos da segunda película da saga de Harry Potter e a continuación participaron nunha actividade titulada "OS INVENTOS MÁXICOS DE HARRY POTTER" xa que este ano o Proxecto do Centro refírese a esta temática. Cada grupo diseñou un invento máxico que logo foron expostos no centro. Premede no video para ver mais.



 

viernes, 26 de mayo de 2023

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. OBRADOIRO "INFORMÁTICA PARA A VIDA"




O pasado venres 19 de maio contamos coa investigadora da USC, Eva Cernadas quen impartiu un obradoiro "INFORMÁTICA PARA A VIDA" co que tentou achegar ao alumnado de 5º e 6º de primaria un concepto de enxeñería relacionando coa súa vida e xogos cotiás dende unha visión igualotaria e sen utilizar, necesariamente no proceso de aprendizaxe.




 

EMISIÓN DE 4º DE PRIMARIA

 


martes, 16 de mayo de 2023

ESPECTÁCULO DO MAGO DANIEL NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


 

CLUB DE LECTURA. O MUNDO MÁXICO DE HARRY POTTER


 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. CONTO SOBRE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, que este 2023 homenaxea a Francisco Fernández del Riego, dende a Biblioteca do Ceip de Curtis compartimos varias propostas didácticas dixitais para achegarnos un pouco máis a este autor.

CONTO SOBRE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO PARA EDUCACIÓN INFANTIL




ESPECTÁCULO DE MAXIA NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS



CONTACONTOS "DE CANDO MARÍA ANTONIA DANS DECIDIU SER PINTORA"


 

lunes, 15 de mayo de 2023

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: CONTACONTOS "DE CANDO MARÍA ANTONIA DANS DECIDIU SER ARTISTA"




Hoxe na nosa Biblioteca ás 12:00h contacontos a cargo de Polo Correo do Vento. Un homenaxe a María Antonia Dans, artista homenajeada por el Día de la Ilustración e vinculada de forma especial a Curtis. Nesta actividade contaremos y debuxaremos unha adaptación para o público infantil da biografía desta pintora galega.

viernes, 5 de mayo de 2023

RADIO RADIOLA, PROGRAMA DE 3º DE PRIMARIA


Xa podedes escoitar o noticieiro máis divertido da nosa emisora que fixeron os alumnos de 3º de primaria, con noticias sobre o noso cole, o tempo, chistes e cancións e moito máis. Se queres escoitalo non tes más que premer no play.






viernes, 28 de abril de 2023

lunes, 24 de abril de 2023

NOVIDADES POLO DÍA DO LIBRO



SAÍDA DIDÁCTICA A SANTIAGO DE COMPOSTELA



O día 13 de abril de 2023, os nenos e nenas de Educación Infantil visitaron a cidade de Santiago de Compostela para asistir no Auditorio Afundación Abanca do espectáculo "FEO" da man de Caramuxo Teatro, inspirado no clásico de Hans Christian Andersen "O parrulo feo". Todo un canto á diversidade e á reivindicación da esencia propia, incidindo na importancia de coñecérmonos e aceptármonos como somos.

domingo, 2 de abril de 2023

VISITA DA TVG AO NOSO CLUB DE LECTURA

 

PREME O BOTÓN PARA VER O PROGRAMA "VIVIR AQUI" QUE VISITOU O NOSO CLUB DE LECTURA

Podedes premer na imaxe para ver o programa da TVG "Vivir aquí" no que visitan varios centros, entre eles o Ceip de Curtis, galardoados a nivel nacional na convocatoria de Premios Nacionais aos Clubs de Lectura.

martes, 21 de marzo de 2023

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

Co gallo do día mundial da poesía, dende a Biblioteca do Ceip de Curtis propuexemos o recitado dunha poesía titulada "O teu día a día é Poesía", composta pola mestra Lourdes Castiñeira e que podedes ver na nosa canle de Youtube. Agardamos que teñades un féliz Día da Poesía. 





"O teu día a día é POESÍA"
 por Lourdes Castiñeira

O canto do galo quiquiriquí,
iso é poesía para min.

Os bicos da miña nai: mua, mua mua,
é poesía, vanme gustar.

Cando os paxariños,
cando salto, corro ou bailo, iso é poesía, se estou ao teu lado.

Os primeiros raios de luz
que entran pola ventá, o ruido do espertador 
que acaba de soar.

A voz que chama por ti
con ánimo e con alento,
a voz que di "te quero" 
a cada momento.

Todo o que tes ó teu redor:
o campo, as rúas, as xentes, 
o arrecendo da herba, o correr do río,
a maxia do aire que sentes.

As túas palabras, os teus xestos, 
as tarefas, os teus xogos, 
os descansos e os paseos, 
os fracasos e os teus logros. 

A hora de sentar á mesa
á merenda ou á cea, 
a hora na qua a lúa
acompaña as estrelas.

A noite que chega
porque xa se foi o día, 
o cansanzo que te leva, 
o mesmo sono é poesía



BIBLIOTECA DO CEIP DE CURTIS
CURSO 2022/23






viernes, 10 de marzo de 2023

miércoles, 8 de marzo de 2023

AS MULLERES INVENTORAS

 Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller e en relación co proxecto "INVENTOS" que estamos a traballar,  os alumnos do noso centro investigaron sobre mulleres científicas que durante moito tempo foron esquecidas. Podedes ver como pese a todas as barreiras contamos con magníficas científicas e inventoras galegas.




lunes, 27 de febrero de 2023

SESIÓN DE CINE NO CLUB DE LECTURA

 


SESIÓN DE CINE "HARRY E A PEDRA FILOSOFAL"

Hoxe no Club de Lectura tras rematar o primeiro libro da saga fixemos unha sesión de cine na biblioteca para ver a versión cinematográfica do libro que resultou moi interesante. Agardamos repetir a experiencia que gusta tanto entre os nosos alumnos.

jueves, 23 de febrero de 2023

POEMA DOCE DE ROSALÍA

 

Actividade "Caramelos de rosalía" elaborados polos alumnos do Ceip e Curtis

Con motivo do Día de Rosalía e en colaboración co departamento de NDLG puxemos a disposición das titorías unha escolma de textos de Rosalía e propuxemos a actividade “POEMA DOCE DE ROSALÍA” na que confeccionaron uns detalles a modo de caramelo con poemas de Rosalía dentro e que levaron para a súa casa. 


viernes, 10 de febrero de 2023

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


A ONU estableceu o 11 de febreiro como data para a conmemoracion do Día da Muller e da Nena na Ciencia coa finalidade de lograr o pleno acceso e participación plena e equitativa na ciencia. Nesta data especialmente as bibliotecas traballamos para paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, e especialmente este curso 2022/23 que estamos a desenvolver o proxecto "INVENTOS". Próximamente contaremos coa visita dunha invetigadora e científica que compartirá a súa experiencia de primerira man. Polo de agora presentamos unha selección de lecturas. Pincha na imaxe para acceder ao noso taboleiro de Pinterest






lunes, 6 de febrero de 2023

30 DE XANEIRO, DÍA DA ILUSTRACIÓN


Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, conmemórase o Día da Ilustración. Unha data na que reivindicar o papel dos profesionais no mundo da ilustración. Este ano a protagonista é  María Antonia Dans, pintora vencellada a Curtis, no que pasou gran parte da súa infancia e que inspirou a súa obra.

Para conmemorar esta data os alumnos do centro achegáronse á obra da pintora e elaboraron ilustracións inspiradas nela. 



viernes, 3 de febrero de 2023

EMISIÓN CON RADIO VOZ

 


O pasado xoves 12 de xaneiro tivemos a oportunidade de contar con Antía e Sonia de Radio Voz xa que fomos un dos centros seleccionados para Programa Radio Voz Escolar, unha experiencia piloto dirixida ao alumnado de 40 centros integrados no programa Radio na Biblio. O programa gravouse no noso centro un programa para a súa emisión a través de Radio Voz o 20 de xaneiro ás 16:00 horas.
Podedes escoitar o podcast na prataforma de Radio Voz premendo no botón:










 

jueves, 2 de febrero de 2023

DÍA DA PAZ


O día 30 de xaneiro no CEIP de Curtis celebramos o día da paz. Para esta conmemoración realizamos entre todos os cursos un mural representando barquiños acudindo a Ucrania a levar palabras amables de paz. Ademais cantamos todos xuntos no patio a canción PAZ PARA VIVIR, de María Vasán. Deixámosvos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos!!



 

lunes, 23 de enero de 2023

QUIZ? NO CLUB DE LECTURA

 

OS ALUMNOS DO CLUB DE LECTURA VEN OS REDULTADOS DO QUIZ NO TABOLEIRO E RECOLLEN OS PREMIOS

ALUMNOS DO CLUB DE LECTURA PARTICIPANDO NO QUIZ

Hoxe na reunión do Club de Lectura levamos a cabo unha actividade diferente, un QUIZ? sobre o libro que estamos a ler. Serán quen de resportar correctamente?. Podedes ver os resultados por casas participantes no taboleiro da entrada. 

viernes, 20 de enero de 2023

CELEBRAMOS O SEGUNDO PREMIO NACIONAL AOS CLUBS DE LECTURA

 

SIRA E LUCAS LERON "UN CONTO PARA LEMBRAR" DE LOURDES CASTIÑEIRA

Hoxe na nosa biblioteca houbo un contacontos moi especial: A escritora é unha mestra do centro, Lourdes. Unha história contada por dous dos nosos alumnos Sira e Lucas. A historia, un soño feito realidade, “UN CONTO PARA LEMBRAR”. 📔🦒




viernes, 13 de enero de 2023

AS REPRESENTANTES DO CEIP DE CURTIS FORON RECIBIDAS EN SANTIAGO POLO CONSELLEIRO

O día 13 de xaneiro, representantes do noso centro asistiron a un acto no que o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez  recibiu aos oito centros educativos galegos premiados na convocatoria de Clubs de Lectura do Ministerio de Educación. Un momento de ledicia no que a labor no fomento da lectura do Ceip de Curtis vese recoñecida. 

O CONSELLEIRO RECIBE AOS CENTROS PREMIADOS NA CONVOCATORIA DE CLUBS DE LECTURA

AS REPRESENTANTES DO CEIP DE CURTIS CON ROMÁN FERNÁNDEZ E JUDITH FERNÁNDEZ