viernes, 28 de mayo de 2021

TEATRO ONLINE

 

Os alumnos de infantil e primario desfrutaron de varios espectáculos teatrais online de Afundación  TV. Os alumnos de educación infantil e 1º de primaria asistiron ao teatro de títeres “As fabas máxicas”da  de Caramuxo Teatro, os alumnos de 2º, 3º e 4º visionaron “Concerto singular” de Píscore e os alumnos de 5 e 6º asistiron á version en clave medioambiental do clásico “20.000 leguas en viaxe submarina”.

 

lunes, 24 de mayo de 2021

jueves, 13 de mayo de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 4. XOGANDO POLA LINGUA



Este xoves 13 de maio a partires das 12:00 horas tiveron lugar os xogos co fin de conmemorar as Letras Galegas 2021.

Unha vez que remataron de xogar fíxoselles entrega da camiseta que colgaron no tendal do exterior da biblioteca.

Xela Arias
Letras Galegas 2021


miércoles, 12 de mayo de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 3. AGASALLO DO CONCELLO

 


O Concello de Curtis, para a conmemoración do Día das Letras Galegas agasallou aos alumnos e á biblioteca do centro con un exemplar de "As mulleres son historia" onde se recoñece a labor de mulleres do concello de Curtis e "Premio!" cos relatos galardoados nos certames "O rescate da memoria" (2017) e o reto literario: "Vacas, un tren e zombis" (2018).
Moitas grazas ao Concello de Curtis.

Xela Arias
Letras Galegas 2021




lunes, 10 de mayo de 2021

SEMANA DAS LETRAS GAEGAS 1. XELA ARIAS CASTAÑO

 



A Real Academia Galega decidiu dedicar a Xela Arias o Día das Letras Galegas de 2021 como unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea  cunha poesía singular, transgresora, sinceira e comprometida. Para coñecer a súa biografía invitámosvos a visionar estos dous videos. 

Xela Arias
Letras Galegas 2021






viernes, 30 de abril de 2021

lunes, 26 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO 5. APAGA O TELÉFONO, COLLE UN LIBRO E ACENDE A IMAXINACIÓN

 Para a conmemoración do Día do Libro o 23 de abril o Concello de Curtis en colaboración co CEIP de Curtis, o Ceip de Teixeiro e o IES de Curtis lanza unha producción audiovisual de fomento da lectura alertando dos perigos que supón o uso sen control das novas tecnoloxías. Co lema "Apaga o teléfono, colle un libro e acende a imaxinación" reivinidica a lectura como forma de diversión e de descubrir novos mundos. 





jueves, 22 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO 4. A LECTURA MARCA O RUMBO: SEGUE LENDO PARA NON PERDELO

 Con motivo da celebración do Día do Libro, o 23 de abril, propuxemos dende o equipo da biblioteca a actividade que leva por título:

"A lectura marca o rumbo; segue lendo para non perdelo"

Un libro aquí, un libro alá ...

Ai búscao, ai búscao!!

Ao te redor el andará.

Ai búscao, ai búscao!!

Preto de ti sempre estará,

Ai búscao, ai búscao!! 

E moi lonxe con él irás.

Aí está; xa o verás.

Cada ciclo debe familiarizarse cun libro, xa coñecido por algúns alumnos, para logo poder atopalo no patio do colexio, seguindo unha serie de pistas. Unha vez atopado puideron ler algúns fraagmentos. 

Os libros escollidos foron os seguintes:

1º e 2º Alicia no país das marabillas

3º e 4º  O principiño

5º e 6º Os tres porquiños