miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA


Rosalía de Castro é a figura máis relevante das letras galegas, mais tamén é unha das importantes escritoras en lingua castelá. A súa obra, sexa en galego ou en castelán, sexa no campo da poesía, da narrativa ou do ensaio, convértea nunha refencia universal. Foi escritora crítica con toda clase de inxustizas, grande defensora da natureza e indiscutiblemente feminista. Un tesouro cultural que traspasa xeracións, por iso resulta sempre plenamente contemporánea e permanece viva na socidade actual.
Para a súa conmemoración repasamos a súa biografía e recitamos a súa poesía sempre de actualidade.








 

OBRADOIRO DE RADIO CON LABORATORIO DE RADIO

 


Hoxe, os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria tiveron unha sesión de formación da man de Sergio Pascual de "LABORATORIO DE RADIO" que lles amosaron como á radio é unha ferramenta perfecta para traballar as habilidades comunicativas e a educacuón en valores ao mesmo tempo que abordan os contidos curriculares dun xeito diferente. 

viernes, 18 de febrero de 2022

CLUB DE LECTURA DO LIBRO AO CINE ... AS BRUXAS DE ROALD DAHL

 



Como xa sabedes o noso club de lectura leva por título "DO LIBRO AO CINE" e unha vez rematado o libro compre ver a súa versión cinematográfica.
Por motivos de seguridade ante a incidencia da COVID-19 o equipo da biblioteca decidiu non facelo de forma presencial e por iso poñemos á vosa disposición a segunda quenda dos DVDs da película "Charlie e a Fábrica de Chocolate" na versión dirixida por Tim Burton para que pasedes unha tarde de cine na casa. O seguinte libro que saiu na votación é As bruxas, de Road Dahl do que tamén aproveitamos para presentar e repartir os exemplares do libro. Unha historia que non trata das típicas bruxas que aparecen nos contos de medo... calquera podería ser unha bruxa. Unha historia na que un neno se enfronta á terrible asociación de bruxas de Inglaterra comandadas pola malvada Gran Bruxa.





miércoles, 16 de febrero de 2022

ÉRASE UNHA VEZ ... UN CONTACONTOS

Hoxe, os alumnos de infantil, 1º e 2º de primaria puideron disfrutar dun contacontos da man de Benxamín Míguez Novoa, gran contador de historias e debuxante que marabillou aos máis pequenos.





lunes, 14 de febrero de 2022

DÍA DA RADIO- RADIO RADIOLA


O día da radio proclamado en 2011 polos estados membros da Unesco e adoptado pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas en 2012 como Día Internacional, o 13 de febreiro e convertiuse no Día Mundial da Radio. 
Nos celebrámolo cunha emisión especial da man dos alumnos de 6º de primaria, na que interpretaron a obra de teatro de Carlos Casares, "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", escrita a principios dos anos setenta xa é un clásico da literatura infantil que gañou o Concurso de Textos Teatrais O Facho en 1973. A obra foi editada coas ilustracións orixinais do pintos galego Luis Seoane.






lunes, 7 de febrero de 2022

LENDO NA BIBLIO ... CON UVA


Hoxe recibimos a visita de Uva, unha cadela que ao longo deste curso acompañará aos alumnos do Ceip de Curtis nas súas lecturas. Nesta primeira visita acompañou as lecturas dos alumnos de 1º de primaria: "A festa no faiado" de María Visctoria Moreno.








viernes, 4 de febrero de 2022

CANDELORIA - DÍA DA LECTURA EN VOZ ALTA

 


En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega conmemoramos conxuntamente a Candeloria que se conmemora o 2 de febreiro e o Día da lectura en voz alta. Os alumnos recitaron un poema adicado ao amor.







DÍA DA ILUSTRACIÓN


 Con motivo do Día da Ilustración os alumnos e alumnas do noso centro ilustraron o seu conto favorito. Con elas fixemos unha pequena exposición no noso Museo Curtis Exprés que xa vai tomando forma.