lunes, 7 de mayo de 2018

Ambientando o Día das Letras Galegas

Co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, xa estamos ambientando o cole con todo o relacionado con María Victoria Moreno, con un montón de bonitos debuxos que fixo o noso alumnado.




SENTIMOS O MONTE


 Na aula de quinto saímos ao monte para  disfrutalo cos cinco sentidos. A partir dunha nova do xornal, onde se explicaba como sentir a natureza co gusto, olfato, vista, tacto e oído, en  grupo, os nenos e nenas fixeron unha pequena excursión acompañados de familiares, para facer un traballo que quedou reflexado en murais, pero tamén en vídeo, o cal podedes ver a continuación.

viernes, 4 de mayo de 2018

Un horto no cole

Como este ano estamos traballando "a vida no campo" como proxecto do cole, decidimos facer o noso horto paricular, e o alumnado de 6º curso plantaron varias plantas que están creando un ambiente moi campestre no noso centro!!!!!!!!!!!!








Semana da prensa

Para celebrar a Semana da Prensa, o luns 30 de de Abril veu ó cole o periodista de La Voz de Galicia Javier Becerra a darnos unha amena charla sobre periodismo. Para elo foi comentando unha serie de noticias destacadas que publicou o periódico e relatounos como traballaron esas noticias, desde a labor de campo e investigación ata o momento en que se decide publicalas.
Aprendimos moito e pasámolo moi ben.


Día do libro

O venres 27 de Abril celebramos no cole o Día do Libro e para tal celebración organizamos un concurso de realización de marcapáxinas, onde @s nen@s intercambiaron os seus marcapáxinas co alumnado doutros cursos.