jueves, 18 de febrero de 2021

COCIÑANDO DOCES DE ENTROIDO

Durante a semana do 8 ao 12 de febreiro, os alumnos, alumna e mestras do CEIP de Curtis trouxeron cada día da semana o que mandaba o Meco. 0 día 12 cada un trouxi o disfraz que quixo, aínda que se propuxo que tivese que ter co tema do proxecto: unha nova realidade.

Tamén foron mandando fotos facendo os postres típicos do entroido na casa: filloas, rosquillas, orellas, ... Hai que dar moitas grazas pola colaboración dos nenos e nenas así como das familias. 














    

No hay comentarios:

Publicar un comentario