Hoxe, día das Bibliotecas escolares comezamos o proxecto "A NOVA REALIDADE", dun xeito diferente, pero todos XUNTOS.
Os alumnos do centro, dende infantil ata 6º de primaria recitaron a poesía "SEGUIMOS AQUÍ", composta pola mestra Lourdes Castiñeiras. Agardamos que vos guste tanto como a nos.
SEGUIMOS AQUÍ
Ánimos e forza,
fannos moita falta
e unhas novas medidas,
para poñer en práctica.
Unha nova situación
temos que vivir,
lembra que o teu
non debes compartir.
Seguimos aquí,
imos comezar
volvemos ó cole
é preciso xa.
Preparados estaremos,
control de temperatura
leva sempre unha máscara,
iso é cousa túa.
Sempre limpas as túas mans,
usa xel hidroalcohólico,
auga e moito xabón,
diso precisamos moito.
Seguimos aquí,
imos comezar
volvemos ó cole
é preciso xa.
O teu propio material
debes ti sempre usar,
aínda que morras de gañas,
está prohibido, non compartas.
Segue sempre as instruccións,
na túa escola día a día.
Xuntos pero na distancia,
podemos facer vida.
Seguimos aquí,
imos comezar
volvemos ao cole
é preciso xa (bis).
Autora: Lourdes Castiñeira
No hay comentarios:
Publicar un comentario