AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
miércoles, 28 de mayo de 2025
martes, 27 de mayo de 2025
OBRADOIRO EN IGUALDADADE
O pasado luns os alumnos de 6º de primaria participaron nun obradoiro en igualdade impulsado dende o CIM (Centro de Información ás Mulleres) do Concello de Curtis que pretende axudar a previr actitudes e comportamentos sexistas.
jueves, 22 de mayo de 2025
lunes, 19 de mayo de 2025
CORRELINGUA POLAS LETRAS GALEGAS
Un ano mais, o pasado venres 16 de maio organizamos a IV EDICIÓN DO CORRELINGUA no noso colexio na que todos participamos. Ao rematar a carreira agasallámolos coas medallas que eles mesmos fixeron para os compañeiros. Premede no video para poder ver o ben que o pasaron.
viernes, 16 de mayo de 2025
jueves, 15 de mayo de 2025
II FESTIVAL LETRAS SONORAS
O pasado xoves 15 de maio, no patio da escola tivo lugar o II Festival “Letras Sonoras” organizado pola mestra de música.
Todos os nenos e nenas da escola participaron interpretando diferentes piezas. Unha iniciativa que sen dúbida repetiremos.
miércoles, 14 de mayo de 2025
TÍTERES “PIRULA E O MISTERIO DAS ABELLAS
O pasado mércores co eido da Semana das Letras Galegas os nenos e as nenas do cole II acudiron a actuación de títeres “Pirula e o misterio das abellas” a cargo da compañía Garabullo en colaboración con Concello de Curtis.
martes, 13 de mayo de 2025
OBRADOIRO DE CANTIGAS A CARGO DE UXÍA MUIÑO
O pasado martes 13 de maio co eido da celebración da Semana das bodas letras, os nenos e as nenas de 5º e 6º de Educación Primaria participaron nun obradoiro de composición dunha cantiga con Uxía Muíño.
Afondaron na orixe das cantareiras e o seu proceder e pudieron realizaron a composición dunha cantiga por grupos.
Finalmente, interpretaron as cantigas compostas por eles e elas mesmos. Aquí deixamos unha mostra da actividade realizada.
lunes, 12 de mayo de 2025
VISITA A NOSA BIBLIOTECA A CANTAREIRA AÍDA ULLOA
O pasado luns 12 de maio con motivo da Semana das Letras 2025 contamos coa presenza da pandereteira e cantareira Aida Ulloa, compoñente do grupo PAN SEN FRON. Agradecemos a colaboración coa ANPA do CEIP de Curtis para render tributo a estas marabillosas mulleres que fixeron historia na música tradicional galega. Comezamos cunha chamada ao serán e ademáis interpretounos, unha muiñeira, unha rumba e un maneo. Para rematar botamos un baile agarrado. Aquí deixamos un video para o recordo. Pasámolo moi ben!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)