AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
viernes, 14 de diciembre de 2018
OBRADOIRO DE POSTAIS (4º,5º e 6º DE PRIMARIA)
Hoxe os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria participaron no obradoiro de postais navideñas organizado dende a biblioteca do noso centro. Como podedes ver, realizaron unhas postais moi orixinais. Gracias pola vosa participación!!
OBRADOIRO DE POSTAIS (1º-2º e 3º DE PRIMARIA)
O 30 de novembroos alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria participaron no obradoiro de postais navideñas organizado dende a biblioteca do noso centro. Como podedes ver, realizaron unhas postais moi orixinais. Gracias pola vosa participación!!
viernes, 23 de noviembre de 2018
AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA ANDAINA
Xa están listas as mochilas viaxeiras cunha selección de libros feita polo equipo de biblioteca. Dentro de cada mochila vai un caderno para que anotedes as vosas opinións, reflexións... sobre os libros lidos.
Esperamos que vos gusten e gocedes delas en familia!
lunes, 19 de noviembre de 2018
1º EMISIÓN RADIOFÓNICA
O pasado 24 de outubro, con motivo da celebración do día internacional das bibliotecas, levouse a cabo a simulación da primeira EMISIÓN RADIOFÓNICA.
Magosto 2018
O pasado 2 de novembro celebramos o magosto: comemos castañas e o alumnado de sexto curso de Educación Primaria encargouse de amenizar a xornada con xogos tradicionais, os cales tiñan como protagonista a castaña.
Os venres lúdicos na biblioteca
Este venres na biblioteca do noso cole rematamos a lectura do libro de Isidora Moon e comezamos coas actividades lúdicas coa nosa protagonista. O vindeiro venres continuaremos... acompáñasnos?
Inauguración do club de lectura
O pasado 5 de novembro tivo lugar a presentación do club de lectura sobre "Os futbolísimos". Cada un dos membros levou o seu exemplar para ler na casa. Esperamos que disfruten moito da súa lectura!
lunes, 29 de octubre de 2018
Presentación do club de lectura
O vindeiro día 5 de novembro ás 15:00h na bibliteca do C.E.I.P. de Curtis estás convidado á presentación do libro: "Los futbolísimos. El misterio de los árbitros dormidos", de Roberto Santiago.
1ª sesión de venres lúdico na biblioteca
O pasado venres 26 de outubro tivo lugar na biblioteca do Centro o primeiro Contacontos que tratou sobre a lectura do libro "Isadora Moon celebra su cumpleaños", un dos libros da famosa colección de Isadora Moon, da autora Harriet Mancaster.
miércoles, 24 de octubre de 2018
VENRES LÚDICOS NA BIBLIO
O próximo venres inaugúranse os venres lúdicos na biblio coa lectra do libro:
"Isidora Moon celebra su cumpleaños".
Achégate!
lunes, 22 de octubre de 2018
PRIMEIRA EMISIÓN RADIOFÓNICA
Como xa sabedes, este ano temos como proxecto de centro "os medios de comunicación e a convivencia".
Con motivo disto e aproveitando a celebración do día das bibliotecas, o
equipo de mestras da biblio, en colaboración coa mestra de música,
simularán para todo o alumnado do centro a PRIMEIRA EMISIÓN RADIOFÓNICA, o día 24 de outubro ás 12:00h, na biblioteca do centro.
viernes, 19 de octubre de 2018
INICIAMOS O NOVO CURSO 2018-19 NA BIBLIOTECA.
BENVIDOS A TODAS E TODOS!
Durante o curso o proxecto da nosa Biblioteca basearase na seguinte
temática:
"OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN E A CONVIVENCIA".
Agardamos poder ofrecer moitos recursos e facilidades para que
atopedes neste espazo e neste tempo respostas ós vosos intereses, lecturas,
etc.
Animámonos a formar un club de lectura cos alumnos de 5º e 6º de educación
primaria que se apunten de forma voluntaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










