O pasado venres, os nenos e nenas de Educación Infantil foron os encargados de clausurar a semana do libro con dúas fermosas poesías sobre a primavera e un conto chulísimo. Queredes ver que ben o fixeron? Mirade!
AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
viernes, 3 de mayo de 2019
lunes, 29 de abril de 2019
I CONCURSO DE PODCAST: "CURTIS NA LEMBRANZA, AS FEIRAS DE 1900"
Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria
participamos no I Concurso de Podcast de Radio na biblio cunha curta emisión de
radio que leva por título “Curtis na lembranza: As feiras de 1900” na que
queremos por de manifesto a nosa historia, tendo como eixo vertebrador as
feiras que tanto nos caracterizan, a nosa mellor tradición.
Así, decidimos realizar un faladoiro no que cada neno e nena aportara información sobre este evento, así como os datos que nos pareceron máis importantes e curiosos logo dun traballo de busca, reflexión e visionado de diferentes vídeos e fotografías.
Desfrutade deste audio e non esquezades que tedes unha cita en Curtis a última fin de semana de xullo.
jueves, 25 de abril de 2019
Semana do libro (2/3)
Continuando coa Semana do Libro, hoxe as narracións de contos estiveron a cargo dos nosos compañeiros e compañeiras de primeiro, segundo e terceiro de Educación Primaria. Queredes saber cales foron os contos elixidos? Descubrideo no vídeo!
Semana do libro (1/3)
Con motivo da celebración do Día do libro, e aproveitando as sesións do plan lector, ao longo desta semana reunirémonos na biblioteca do centro para compartir relatos e contos. Hoxe os compañeiros e compañeiras de cuarto, quinto e sexto de primaria foron os encargados de inaugurar dita celebración. Mirade que ben o fixeron!
viernes, 12 de abril de 2019
LOGO GAÑADOR CONCURSO DE LOGOS "RADIO RADIOLA"
Este é o logo gañador co que se vai a identificar a nosa radio a partir de agora. Noraboa a Lucía Baos Salgado de 6º de Educación Primaria.
Grazas a todos e todas pola vosa participación e implicación.
miércoles, 10 de abril de 2019
UN LOGO PARA A NOSA RADIO, RADIOLA!
Este venres 12 de abril farase público cal será o logo para a nosa radio RADIOLA e tod@s vós fixéstedes un traballo magnífico! Por iso están todos expostos no noso patio para que poidades ver o que fixo cada un de vós, en definitiva: SODES UNS ARTISTAS!
Estamos creando unha gran radio, a NOSA RADIO.
Grazas a tod@s por participar, isto só acaba de comezar!
martes, 9 de abril de 2019
EMISIÓN EN PROBAS
Estamos a ultimar os detalles para que a nosa emisora de radio RADIOLA comece a funcionar. O vindeiro venres 12 de abril poderedes escoitar no noso patio durante o recreo o PRIMEIRO PROGRAMA.
LOS FUTBOLÍSIMOS - EL MISTERIO DE LOS SIETE GOLES EN PROPIA PUERTA
Hoxe tivo lugar na nosa biblioteca a presentación do novo libro dos "Futbolísimos" para o Club de Lectura que leva por título "El misterio de los siete goles en propia puerta".
Desexamos que sexa do agrado dos nosos lectores e que disfruten da súa lectura nas vacacións.
lunes, 8 de abril de 2019
UN MUNDO CHEO DE PERSONAXES
O venres 5 durante o recreo os alumnos e alumnas do colexio decoraron e colorearon os personaxes dos seus contos favoritos e desfrutaron xuntos dun momento moi divertido.
Non perdades o que ocorrerá o próximo venres, agardámosvos na BIBLIO!
Non deixedes de ler, vós sodes os auténticos protagonistas
domingo, 31 de marzo de 2019
CONCURSO DE LOGOS PARA A NOSA RADIO
Xa temos lema para a nosa radio!
RADIO RADIOLA
A RADIO QUE MÁIS MOLA
A RADIO DA NOSA ESCOLA
Tamén precisamos un logo, por iso convocamos un concurso de logos para a nosa radio no que todos podedes participar. Podedes parcipar facándonos chegar a vosa proposta ata o día 5 de abril.
jueves, 14 de marzo de 2019
SEMANA DA PRENSA NA BIBLIO
Este venres 15 durante o recreo xogaremos cos titulares dos xornais para así formar os títulos máis disparatados que se nos ocorran, estades preparad@s para convertervos nos mellores xornalistas?
Agardámosvos a tod@s
FELIZ SEMANA DA PRENSA
lunes, 25 de febrero de 2019
Telexornal Curtis: Entroido
O vindeiro venres, 1 de marzo, celebraremos o ENTROIDO. Se o tempo o permite, sairemos a desfilar polas rúas do pobo a partir das 10:30h. En caso de choiva poderedes disfrutar das comparsas no pavillón polideportivo.
CLUB DE LECTURA/ PELÍCULA LOS FUTBOLÍSIMOS
Na sesión de hoxe disfrutamos da versión cinematográfica do libro que lemos "LOS FUTBOLÍSIMOS", como vedes foi moi entretido. No seguinte encontro, presentaremos o seguinte libro para ler, adiviñades cal poderá ser?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









