Hoxe, os alumnos de 3º de primaria plantaron fresas no patio. Este foi o resultado da experiencia:
AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
lunes, 6 de junio de 2022
viernes, 3 de junio de 2022
jueves, 2 de junio de 2022
viernes, 20 de mayo de 2022
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (IV)
Co gallo da Semana das Letras Galegas os alumnos do centro participaron nun animado CORRELINGUA.
jueves, 19 de mayo de 2022
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (III)
Hoxe, co gallo da programación da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS visitounos a toupiña e o seu axudante Protonio que andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos empregando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que teñen as preguntas para que o coñecemento avance.
Encantounos TOUPICIENCIA SHOW!!!
miércoles, 18 de mayo de 2022
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (II)
Co gallo da celebración das Letras Galegas e en relación ao noso proxecto namor-ARTE, tivo lugar no noso centro un concerto dos mestres da escola de música que abrirá as súas portas no vindeiro curso no concello de Curtis.
martes, 17 de mayo de 2022
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (I)
A través do seguinte enlace podemos acceder á páxina da Real Academia Galega que nos convida a celebras a festa das letras galegas coñecendo a biografía do homenaxeado Florencio Delgado Gurriarán.
viernes, 13 de mayo de 2022
LECTURAS DIXITAIS NO CLUB DE LECTURA
Esta semana os membros do club de lecturas xa puideron levar para a casa os novos libros electrónicos que a biblioteca lles facilita para poder ler o seguinte libro do club de lectura "Alicia no país das Marabillas" de Lewis Caroll e outros mais a través da nova plataforma que Bibliotecas Escolares puxo en marcha este curso. Agardamos que disfruten moito coa lectura neste formato.
martes, 10 de mayo de 2022
CINE NA BIBLIO ... AS BRUXAS
Hoxe os membros do club de lectura tiveron unha sesión de cine na biblio. Vimos o libro "As bruxas" que foi levado ao cine en varias ocasións na versión cinematográfica de Robert Zemeckis. Por suposto foi fabuloso voltar as sesións de cine na nosa biblio. O próximo libro que leremos será outro clásico, esta vez da man de Lewis Caroll, as aventuras de "Alicia no país das marabillas" ... pero iso xa é outra historia.
viernes, 6 de mayo de 2022
PLAN ELBE.2
A partir do vindeiro martes día 10 de maio os alumnos que participan no club de lectura poderán solicitar o acceso á plataforma do proxecto E-LBE.2, de lectura e préstamo de contidos dixitais nas bibliotecas escolares.
Facilitaráse un dispositivo electrónico de lectura poder acceder aos mais de 3500 títulos, que se poden ler en todo tipo de dispositivos (ordenador, tableta, móbil...), con dispoñibilidade de lectura en liña e fóra de liña (accesible 24/7).
Cada mes terán acceso a tres libros, e o préstamo xestionarase dende o centro.
CLUB DE LECTURA ... ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



.jpg)
.jpg)







.jpg)
.jpg)