martes, 20 de septiembre de 2022

NOVA CONTA DE INSTAGRAM

 


A nosa biblioteca xa conta cunha conta de instagram para mantervos informados das novidades, novas, recomendacións lectoras e máis. Podes visitarnos premendo no icono ou a través do código QR.
 







viernes, 9 de septiembre de 2022

jueves, 19 de mayo de 2022

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (III)

 


Hoxe, co gallo da programación da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS visitounos a toupiña e o seu axudante Protonio que andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos  empregando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que teñen as preguntas para que o coñecemento avance.
Encantounos TOUPICIENCIA SHOW!!!

miércoles, 18 de mayo de 2022

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (II)

 



Co gallo da celebración das Letras Galegas e en relación ao noso proxecto namor-ARTE, tivo lugar no noso centro un concerto dos mestres da escola de música que abrirá as súas portas no vindeiro curso no concello de Curtis. 

martes, 17 de mayo de 2022

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (I)

 


A través do seguinte enlace podemos acceder á páxina da Real Academia Galega que nos convida a celebras a festa das letras galegas coñecendo a biografía  do homenaxeado Florencio Delgado Gurriarán. 



viernes, 13 de mayo de 2022