viernes, 28 de abril de 2023

lunes, 24 de abril de 2023

NOVIDADES POLO DÍA DO LIBRO



SAÍDA DIDÁCTICA A SANTIAGO DE COMPOSTELA



O día 13 de abril de 2023, os nenos e nenas de Educación Infantil visitaron a cidade de Santiago de Compostela para asistir no Auditorio Afundación Abanca do espectáculo "FEO" da man de Caramuxo Teatro, inspirado no clásico de Hans Christian Andersen "O parrulo feo". Todo un canto á diversidade e á reivindicación da esencia propia, incidindo na importancia de coñecérmonos e aceptármonos como somos.

domingo, 2 de abril de 2023

VISITA DA TVG AO NOSO CLUB DE LECTURA

 

PREME O BOTÓN PARA VER O PROGRAMA "VIVIR AQUI" QUE VISITOU O NOSO CLUB DE LECTURA

Podedes premer na imaxe para ver o programa da TVG "Vivir aquí" no que visitan varios centros, entre eles o Ceip de Curtis, galardoados a nivel nacional na convocatoria de Premios Nacionais aos Clubs de Lectura.

martes, 21 de marzo de 2023

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

Co gallo do día mundial da poesía, dende a Biblioteca do Ceip de Curtis propuexemos o recitado dunha poesía titulada "O teu día a día é Poesía", composta pola mestra Lourdes Castiñeira e que podedes ver na nosa canle de Youtube. Agardamos que teñades un féliz Día da Poesía. 





"O teu día a día é POESÍA"
 por Lourdes Castiñeira

O canto do galo quiquiriquí,
iso é poesía para min.

Os bicos da miña nai: mua, mua mua,
é poesía, vanme gustar.

Cando os paxariños,
cando salto, corro ou bailo, iso é poesía, se estou ao teu lado.

Os primeiros raios de luz
que entran pola ventá, o ruido do espertador 
que acaba de soar.

A voz que chama por ti
con ánimo e con alento,
a voz que di "te quero" 
a cada momento.

Todo o que tes ó teu redor:
o campo, as rúas, as xentes, 
o arrecendo da herba, o correr do río,
a maxia do aire que sentes.

As túas palabras, os teus xestos, 
as tarefas, os teus xogos, 
os descansos e os paseos, 
os fracasos e os teus logros. 

A hora de sentar á mesa
á merenda ou á cea, 
a hora na qua a lúa
acompaña as estrelas.

A noite que chega
porque xa se foi o día, 
o cansanzo que te leva, 
o mesmo sono é poesía



BIBLIOTECA DO CEIP DE CURTIS
CURSO 2022/23






viernes, 10 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA (DO 6 AO 10 DE MARZO)


Co gallo da Semana da Prensa, os alumnos do noso centro buscaron durante esta semana noticias  relacionadas coa temática do proxecto deste curso, Tiveron a oportunidade de buscar noticias relacionadas cos Inventos que lles chamaron a atención e que compartiron nestes paneis. 




 

RADIO RADIOLA, PROGRAMA DE 6º DE INFANTIL







Nesta emisión os alumnos de 6º de primaria recitan unha poesía sobre a primavera.