sábado, 22 de marzo de 2014

A NOVA BIBLIOTECA.

        Onte celebramos un día moi especial no Centro . Inauguramos a nova biblioteca que esperamos sexa un lugar cheo de sorpresas e lecturas. Comezamos o acto agradecendo a colaboración do Concello, que tanto nos axudou na posta en marcha da mesma: cableado para postos de ordenadores e PDI e pintado da biblioteca; tamén da ANPA que nos axudou en absolutamente todo o que lles pedimos, incluida a chocolatada con biscoito tan riquísimo ao que nos convidou!! Moitas grazas!!.
Pero tamén ao profesorado, tanto deste ano como do anterior, e que algúns xa non están. Xa que participaron nun traballo longo, e sobre todo nos primeiros tempos, moi lento, xa que non se via o avance: expurgo, forrado de libros, reubicación dos mesmos, ordenar alfabéticamente nas baldas, catalogación no Meiga.. ademais de que participaron no proxecto de formación que se leva a cabo no Centro, fora do horario lectivo. A todos eles/elas MOITAS GRAZAS!!
        Tamén entregamos os premios do concurso "debuxa a Raiola na biblioteca". Ainda que só habería un gañador/a, eran tan bonitos os debuxos que se entregaron premios por ciclos. Fixo entrega dos mesmos o noso inspector: D. Félix Perujo del Llano. Estes son os gañadores:

                           -INFANTIL: HUGO PADERNE UZAL.
                           -1º CICLO: MIREYA SÁNCHEZ GARCÍA.
                           -2ª CICLO: ROCÍO DEL PILAR LUJÁN CHAVEZ.
                           -3º CICLO: UXÍA GARCÍA IGLESIAS.
 
          Noraboa aos gañadores e moitísmas grazas por participar ao resto dos nenos/as. Aquí podedes ver o bonitos que eran todos.

 
 
        Despois os nenos/as de 6º, os maiores do cole, que xa se nos marchan prontiño, realizaron esta presentación dos espazos da biblioteca que esperamos que vos guste.

 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/presentacion%20biblioteca/PRESENTACION%20BIBLIOTECA%20DEFINITIVA.swf
 
 
 
         A continuación, de novo os alumnos/as de 6º realizaron un teatro de sombras representando o conto de "Nadarín". E por último dimos boa conta do chocolate con biscoito que estaba delicioso!! aquí tedes imaxes destes momentos.


https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/inauguracion%20biblioteca/template.swf
 
 
      Por último aquí vos deixamos imaxes da nova biblioteca nesta presentación. Aproveitamos para dar as GRAZAS!!! a todas as persoas que se achegaron  ao Centro para compartir con nós este día!.
      E tamén queremos dar as grazas ás persoas sin as cales non sería posible esto, por un lado, a madeiras Seoane, que realizou os novos mobles e nos axudou moitísimos á hora de organizar os novos espazos, medidas,e guiándonos no que era mellor para nós; e tamén a Alba Varela González, que nos fixo toda a cartelería da nova biblioteca ademais de ambientala con detalles orixinais  que sen dúbida a fai tan especial!. Moitísimas grazas polo voso gran traballo e por ter tan grandes ideas!!.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/nova%20biblioteca/template.swf
 

1 comentario:

  1. Decirvos que me encantóu a nova biblioteca do cole. Ahora a disfrutar dela. Un bico moi grande

    ResponderEliminar