martes, 8 de abril de 2014

LIPDUB

           A finais de marzo realizamos no centro un lipdub, seguindo co proxecto do tren, recién iniciado e no que colaboramos o equipo da biblioteca e o equipo de dinamización da lingua galega ( EDLG ). Trátase da gravación dun video que percorre o colexio e no que participa toda a comunidade educativa: profesores e alumnado, así como o persoal non docente: conserxe, personal de cociña, colaboradoras do comedor e personal de limpeza. Foi moi divertido sincronizarnos todos e ter moi claro onde tiñamos que estar e que tiñamos que facer, pero a verdade, é que o resultado final mereceu a pena.
           A canción que soa, é unha versión do "tren" de Andrés do Barro. A nosa canción foi composta e cantada por o mestre Fran Manteiga, ao que agradecemos enormemente a implicación que tivo no noso Centro. Moitas grazas!
           Aquí vos deixamos o noso vídeo, esperamos que vos guste.


1 comentario:

  1. Bos días, acabo de ver o video que fixestes no cole, sólo decirvos que me encantou e que sigades así. Un abrazo

    ResponderEliminar