QUERIDAS ALUMNAS E ALUMNOS: co comezo do novo curso escolar iniciamos tamén unha nova andaina na nosa biblioteca, aínda que este ano será sen a profe Isabel, a que lle desexamos moita sorte no seu novo centro.
Durante este curso, o novo equipo da biblioteca, conta con vos para facer cousas moi divertidas e interesantes partindo dun proxecto integrado que leva por título: "PASEANDO POR CURTIS E A SÚA CONTORNA".
Tamén crearemos un CLUB DE LECTURA para os alumnos/as maiores e teremos moitas novidades que vos van encantar.
Dende logo, lembrade que SEMPRE IDES TER ALGO INTERESANTE QUE FACER NA VOSA BIBLIOTECA.
Esperámosvos a todas e a todos.
Ola a todos/as!!
ResponderEliminarCantas cousas divertidas vos agardan na biblioteca!! Estou desexando velas todas a través desta ventaniña deste blog!. Estou segura que será moi divertido investigar e descubrir a través do novo proxecto documental que vos agarda. Moitos bicos a todos/as.
Profe Isabel.