Un ano máis celebramos no noso cole a semana das letras galegas. Procuramos que a xente que nos visitou tivese relación co noso proxecto da biblioteca "PASEANDO POR CURTIS E A SÚA CONTORNA"..
Así traballamos á artista de Teixeiro ÁNXELES PENAS que nos explicou a súa obra e o alumnado realizou totens como resultado do seu estudo.
Tamén nos visitou ABRAHAN CARREIRO o autor de XOELIKI e cantamos e bailamos cun grupo de música.
Finalmente tivemos un taller de percusión con material de refugallo no que participou todo o alumnado do colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario