martes, 1 de noviembre de 2016

FESTA DO MAGOSTO

         Que ben o pasamos o venres na festa do magosto!! Como tódolos anos, comemos  unha morea de castañas. Para gardalas, todos levamos recipientes elaborados na aula coa temática do mar. Tivemos música, bailamos, cantamos....Máis tarde, queimamos os nosos medos que introduciramos na "Caixa dos medos". Mentres Pepe lles prendía lume todos berramos: "MEDOS FÓRA"!! 
           Por último, os nenos que participaron no concurso de cabazas, recibiron premios por participar e tamén as mellores cabazas de cada nivel. Foron os nenos e nenas do cole os que outorgaron tales premios. Hai que dicir que, se ben cada ano as cabazas melloran notablemente, este ano o nivel foi incríble.  MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLO ESFORZO !!! Seguramente os nenos e nenas disfrutaron moito compartindo ese traballo coas familias. 
    









1 comentario: