Na Semana do Libro, o venres 25 de abril, Concha visitou de novo aos alumnos de educación infantil e contoulles o conto "A vella na botella" na Hora de Ler.
Unha historia que conta como unha bruxa vermella farta da súa veciña lánzalle un meigallo e acaba metida nunha botella. Unha fada do bosque a libera do seu encerro pero que por moito que lle conceda non é capaz de compracer os seus desexos.
Graciñas a Concha pola súa colaboración e
por estas fermosa lectura compartida cos mais pequechos do cole!
No hay comentarios:
Publicar un comentario