O pasado 29 de abril, o Ceip de Curtis participou no XVIII encontro dedicado aos clubs de lectura reuniu profesionais, mediadores e persoas participantes para compartir experiencias e reflexionar sobre o papel da lectura como ferramenta de aprendizaxe, inclusión e convivencia.
A xornada comezou cunha conversa virtual cun autor premiado, que permitiu ás persoas asistentes achegarse á súa experiencia creativa e literaria. A continuación, contou coa intervención de Alberto Soler, mediador e coordinador do Premio Mandarache, quen compartiu a súa visión sobre o fomento da lectura e a participación dos lectores e lectoras.
Durante a mañá tamén houbo espazo para coñecer outras iniciativas vinculadas aos clubs de lectura desenvolvidos en librarías e bibliotecas públicas, así como unha interesante charla centrada nos clubs de lectura fácil, unha proposta que favorece o acceso á lectura para todas as persoas.
Pola tarde desenvolvéronse sesións simultáneas nas que os centros educativos integrados no programa compartiron as súas experiencias e boas prácticas. Ademais, presentouse a plataforma M8 por ler, unha ferramenta destinada a impulsar e enriquecer a actividade lectora.
A xornada rematou cun dos momentos máis especiais: a intervención das persoas participantes nos clubs de lectura, que compartiron as súas vivencias, aprendizaxes e impresións, poñendo en valor estes espazos como lugares de encontro, diálogo
No hay comentarios:
Publicar un comentario