sábado, 24 de mayo de 2014

CHARLA SOBRE O TREN EN CURTIS.

           O xoves 22 recibimos na biblioteca a D José e D Andrés para levar a cabo unha charla sobre o tren en Curtis e a súa importancia aquí. Faláronnos de como eran as máquinas en aquela época (de vapor), o grandísimas que eran, o que empregaban para funcionar. Curtis era importante naquel tempo por dous motivos importantes:o primeiro é que en Curtis existía o que chamaban "plataforma" para poder xirar a máquina e que esta cambiara de dirección e por outro lado, tamén se contaba naquela época con un punto que suministraba a auga tan necesaria para os trenes.
          Foi unha tarde estupenda, na que puidemos ver un montón de fotos nas que coñecemos os inicios de Curtis e tamén que o seu nome ven precisamente da importancia do tren nese momento.
           Se pinchas na imaxe poderás ver momentos desta charla.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/charla%20tren/template.swf
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario