sábado, 10 de mayo de 2014

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

         Para conmemorar as Letras Galegas, que será o vindeiro 17 de maio, no Centro temos preparado un montón de actividades :

        O luns 12 realizaremos as seguintes actividades na biblioteca:
  • Baile "O sol", canción de Suso Vaamonde de un poema de Manuel María recollido no traballo "Soños na gaiola". Actuación de educación infantil.
  • Teatro: dramatización do conto "Dona Carme". Alumnado de 1º.
  • Teatro lido: "Un mosquito de nome Henri". Alumnado de 3º.
  • Teatro: "A disputa entre as letras". Alumnado de 4º.
  • Canción-baile: "En galego falo". Alumnado de 2º.
     O martes 13 realizaranse actividades organizadas polo concello:
  • "O tesouro da bruxa maruxa" dirixido ao alumnado de infantil.
  • "Galicia país das letras" dirixido ao alumnado de primaria. 
    O mércores 14, realizaranse actividades de xogos populares. No patio de primaria estableceránse diversas estacións polas que irán rotando os diferentes cursos. No patio de infantil prepararánse 3 xogos polos que rotarán os tres grupos.

      O xoves 15, recibiremos no Centro pola tarde ao home orquesta.

    O venres 16 realizaremos un taller de coiro, polo que pasarán os diferentes grupos realizando diferentes elementos en coiro: pulseras, marcapáxinas e bolsiñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario