lunes, 27 de febrero de 2023

SESIÓN DE CINE NO CLUB DE LECTURA

 


SESIÓN DE CINE "HARRY E A PEDRA FILOSOFAL"

Hoxe no Club de Lectura tras rematar o primeiro libro da saga fixemos unha sesión de cine na biblioteca para ver a versión cinematográfica do libro que resultou moi interesante. Agardamos repetir a experiencia que gusta tanto entre os nosos alumnos.

jueves, 23 de febrero de 2023

POEMA DOCE DE ROSALÍA

 

Actividade "Caramelos de rosalía" elaborados polos alumnos do Ceip e Curtis

Con motivo do Día de Rosalía e en colaboración co departamento de NDLG puxemos a disposición das titorías unha escolma de textos de Rosalía e propuxemos a actividade “POEMA DOCE DE ROSALÍA” na que confeccionaron uns detalles a modo de caramelo con poemas de Rosalía dentro e que levaron para a súa casa. 


viernes, 10 de febrero de 2023

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


A ONU estableceu o 11 de febreiro como data para a conmemoracion do Día da Muller e da Nena na Ciencia coa finalidade de lograr o pleno acceso e participación plena e equitativa na ciencia. Nesta data especialmente as bibliotecas traballamos para paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, e especialmente este curso 2022/23 que estamos a desenvolver o proxecto "INVENTOS". Próximamente contaremos coa visita dunha invetigadora e científica que compartirá a súa experiencia de primerira man. Polo de agora presentamos unha selección de lecturas. Pincha na imaxe para acceder ao noso taboleiro de Pinterest






lunes, 6 de febrero de 2023

30 DE XANEIRO, DÍA DA ILUSTRACIÓN


Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, conmemórase o Día da Ilustración. Unha data na que reivindicar o papel dos profesionais no mundo da ilustración. Este ano a protagonista é  María Antonia Dans, pintora vencellada a Curtis, no que pasou gran parte da súa infancia e que inspirou a súa obra.

Para conmemorar esta data os alumnos do centro achegáronse á obra da pintora e elaboraron ilustracións inspiradas nela. 



viernes, 3 de febrero de 2023

EMISIÓN CON RADIO VOZ

 


O pasado xoves 12 de xaneiro tivemos a oportunidade de contar con Antía e Sonia de Radio Voz xa que fomos un dos centros seleccionados para Programa Radio Voz Escolar, unha experiencia piloto dirixida ao alumnado de 40 centros integrados no programa Radio na Biblio. O programa gravouse no noso centro un programa para a súa emisión a través de Radio Voz o 20 de xaneiro ás 16:00 horas.
Podedes escoitar o podcast na prataforma de Radio Voz premendo no botón:










 

jueves, 2 de febrero de 2023

DÍA DA PAZ


O día 30 de xaneiro no CEIP de Curtis celebramos o día da paz. Para esta conmemoración realizamos entre todos os cursos un mural representando barquiños acudindo a Ucrania a levar palabras amables de paz. Ademais cantamos todos xuntos no patio a canción PAZ PARA VIVIR, de María Vasán. Deixámosvos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos!!