viernes, 29 de mayo de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS



Un ano máis celebramos no noso cole a semana das letras galegas. Procuramos que a xente que nos visitou tivese relación co noso proxecto da biblioteca "PASEANDO  POR CURTIS E A SÚA CONTORNA"..
Así traballamos á artista de Teixeiro ÁNXELES PENAS que nos explicou a súa obra e o alumnado realizou totens como resultado do seu estudo.



 Tamén fixemos unha tarde de xogos populares aos que xa xogaban os nosos pais e os nosos avós.















Tamén nos visitou ABRAHAN CARREIRO o autor de XOELIKI e cantamos e bailamos cun grupo de música.



Finalmente tivemos un taller de percusión con material de refugallo no que participou todo o alumnado do colexio.