Mostrando entradas con la etiqueta Día internacional da muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día internacional da muller. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de marzo de 2023

AS MULLERES INVENTORAS

 Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller e en relación co proxecto "INVENTOS" que estamos a traballar,  os alumnos do noso centro investigaron sobre mulleres científicas que durante moito tempo foron esquecidas. Podedes ver como pese a todas as barreiras contamos con magníficas científicas e inventoras galegas.




martes, 8 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar este día cada alumno realizou un debuxo da "muller da súa vida" que se expuxeron na cortiza da entrada. Nas seguintes fotografías podedes ver as creacións dos nosos artistas!.
 Ademais os alunmos de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º visualizaron a pelicula "Brave"e nos cursos 5º e 6º "La Historia del 8M, Día Internacional de la mujer". 





 



viernes, 5 de marzo de 2021

RADIO RADIOLA/EMISIÓN DE 4º DE PRIMARIA


O 6 de marzo, as nenas e nenos de cuarto de Educación Primaria acudimos á radio do noso cole para facer un programa de radio. Tratándose dunha data próxima ao 8 de marzo, decidimos que o noso programa estivese dedicado ao Día Internacional da Muller. E coas palabras de Guadi Galego “nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá” despedímonos ata a próxima emisión.  
Dádelle ao play para escoitarnos.




 

lunes, 9 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



O 9 de marzo conmemoramos no colexio o Día Internacional da Muller (sinalado en todo o mundo o 8 de marzo). Xuntámonos todos e cantamos as cancións “Ella” de Bebe e “Son muller” do grupo Máis boas que as patacas. Ademais, para traballar a importancia deste día, cada aula estivera días antes recompilando información sobre a figura e importancia de mulleres dos distintos países e culturas estudiados no noso Proxecto. E así, dende as mariscadoras galegas ata madame Curie, creamos unha exposición no corredor da entrada do colexio.
Podédelo ver dándolle ao play: 


viernes, 6 de marzo de 2020

RADIO RADIOLA ... DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 6 de marzo, as nenas e nenos de cuarto de educación primaria acudimos á radio do noso cole para facer un programa de radio. Tratándose dunha data tan próxima ao 8 de marzo, decidimos que o noso programa estivese dedicado ao Día Internacional da Muller. E coas palabras de Guadi Galego "nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá" despedímonos ata a próxima emisión.
Dádelle ao play para escoitarnos:





LECTURAS RECOMENDADAS - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Aquí van algunhas recomendacións paro o Día Internacional da Muller que conmemoraremos o vindeiro 9 de marzo.