lunes, 29 de enero de 2018

Día da PAZ

O día 30 de xaneiro, estivemos celebrando o día da PAZ cunha actuación por parte dos nenos e nenas da canción titulada "SE BUSCAN VALIENTES" de El Langui, unha canción de loita contra o acoso escolar.



Cartas de AMOR

Porque é inevitable cada día non vivir o AMOR, imos expresalo dunha maneira tradicional a través de CARTAS. Na carta quedará reflectido o sentimento con respecto a esta palabra: AMOR.
Con este tipo de actividade queremos fomentar unha escritura coherente, con boa ortografía, saber expresar os nosos sentimentos.
Dende a biblioteca fíxose un chamamento ao alumnado para participar no seguinte concurso:




miércoles, 10 de enero de 2018

Novos exemplares para a nosa biblioteca

No 2017, como nos portamos tan ben, os reis magos pasaron polo noso cole e deixáronnos un montón de novos libros para a biblioteca do noso centro, para que todos/as os nenos e nenas poidan consultar e ler!!!!!