domingo, 27 de abril de 2014

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.


      Poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.
“Xosé María Díaz Castro naceu o 19 de febreiro do 1914 n’O Vilariño, lugar de San Vicente d’Os Vilares, Concello de Guitiriz, Lugo. Seus pais, Isidro Díaz e María Castro, labregos, tiveron catro fillos: Antonio, María, Xosé María e Serafín. Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos estreouse cun poema en castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que seguiría colaborando moi esporadicamente. En 1929 ingresa no Seminario de Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín e Humanidades, outros tres de Filosofía e dous de Teoloxía. É alí onde confirma a súa vocación de escritor, segundo el mesmo manifestou. Ver máis
Documental Xosé María Díaz: Nimbos de poesía

Esta peza audiovisual, dirixida por Xulio Xiz, é unha viaxe pola vida e a obra de Xosé María Díaz Castro que ten o valor engadido de facerse da man do propio poeta, co que visitamos os lugares onde transcorreron a súa infancia e mocidade e onde el mesmo nos recita os seus textos máis significativos. Nese percorrido vital e literario, Díaz Castro detense a sinalar as persoas e acontecementos que incidiron na súa escolla do galego como lingua de expresión poética. No documental tamén se fai referencia ao feito de que Díaz Castro chegase a dominar case todas as linguas de Europa, feito que pode poñerse en paralelo con esa escolla do idioma da súa infancia para a súa produción literaria máis significativa. Gravado no ano 1987, o filme foi remasterizado para celebrar o Día das Letras Galegas 2014, dedicado ao poeta de Guitiriz.

sábado, 26 de abril de 2014

3ª MISION


RESPOSTA DA 2ª MISIÓN

        O venres rematou o prazo para entregar a 2ª misión, e como nos pedían moitos nenos/as, é momento de dar a solución ao misterio.
        Como todos descubristes, o rei que visitou Curtis foi Alfonso XII. 


           Este rei casou en dúas ocasións. A primeira vez casou coa súa curmán María de las Mercedes de Orleáns pero este matrimonio durou pouco xa que  morreu de tifus  cinco meses despois.



               Volveu a casar de novo con María Cristina de Habsburgo-Lorena.




Tiveron tres fillos: Teresa.


Alfonso XIII


e María de las Mercedes 


                O rei Alfonso XII estivo en Curtis no ano 1883 para inagurar a linea de ferrocarril do Noroeste.
                Noraboa a os gañadores desta misión!!! e ánimo ao resto para seguir intentándoo en novas misións.

viernes, 25 de abril de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS

            Xa temos preparadas as mochilas viaxeiras que comezarán a viaxar a próxima semana á casa dos nosos alumnos/as. Cada curso contará con unha mochila que poderá levar un alumno/a durante un tempo que establecerá cada clase para que todos os nenos/as teñan a oportunidade de levala ata final de curso. Nela inclúense: narrativa, cómic, dvd, libros para as familias, e libros para traballar xuntos na casa. Agardamos que vos guste esta nova proposta e que teñades felices lecturas!!!


"QUÉROCHE CONTAR UN CONTO" III

           Hoxe rematamos as sesión da actividade "quéroche contar un conto" que realizamos para celebrar o día do libro. Nesta ocasión foron os nenos/as de 2º ciclo os que acudiron á biblioteca a escoitar contos da man de Genma (a nai de Lucía) e de Oscar ( o pai de Nuno). Encantáronnos os contos e tamén a ambientación, con música de fondo, que prepararon para a ocasión. Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!.Aquí vos deixamos as imaxes.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/queroche%20contar%20un%20conto%202%C2%BA%20ciclo/template.swf
 

jueves, 24 de abril de 2014

"QUEROCHE CONTAR UN CONTO" II

          Hoxe continuamos coa segunda sesión da actividade "quéroche contar un conto". Esta vez tocoulle aos nenos/as de 1º ciclo. Baixaron á biblioteca e escoitaron un conto da man de Mª Dolores, a nai de Salma e  Dani o curmán de Alba


https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/queroche%20contar%20un%20conto%201%C2%BA%20ciclo/template.swf

 

miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO.

       Para celebrar o día do libro, no Centro propuxéronse varias actividades. A primeira foi a realización dun marcapáxinas coas familias, no que por unha cara debería aparecer un anaco do noso libro favorito, e polo outro lado, un debuxo alusivo ao mesmo. A verdade é que quedaron preciosos todos, e fixemos unha exposición que está situada na entrada en Primaria.




     Tamén iniciamos hoxe as xornadas da actividade "Quéroche contar un conto" na que participaron as familias dos nosos alumnos. Comezamos por infantil e á biblioteca achegáronse Eva que é a nai de Alba, Mª Dolores que é a nai de Noé e Pablo o primo de Lucas. Cada un deles contaron diferentes contos: A historia de Jorge e o dragón, O gato lambón, e unha poesía de Gloria Fuertes. Pero todos foron chulísimos e nos encantaron. Houbo marionetas, debuxos na pizarra dixital, preguntas....e sorpresas!!! E ademais regaláronnos unha rosa, en conmemoración de este día e tamén unha lambetada, porque nos portamos moi ben.
      Dende aquí aproveitamos para darlles, unha vez máis, as grazas aos tres, por apoiarnos nesta actividade e ademais de que o fixeron moi ben!!! Moitísimas grazas!!!


https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/queroche%20contar%20un%20conto%20infantil/template.swf
 


RESOLVEMOS A 2ª MISIÓN

        Os nenos/as de Infantil xa resolvemos a 2ª misión, e agardamos que todo esté ben e gañemos a nosa pegada!! Tamén recibimos de Raiola un regalo moi chulo: unhas bolsas laranxas que nos gustaron moito e que nos sirven para levar o libro de préstamo para a casa. Aquí podedes vernos resolvendo a nosa misión e coas nosas novas bolsas.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/2%C2%AA%20mision%203%20anos/template.swf

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/2%C2%AA%20misi%C3%B3n%204%20anos/template.swf

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/2%C2%AA%20misi%C3%B3n%205%20anos/template.swf
 

miércoles, 9 de abril de 2014

"QUÉROCHE CONTAR UN CONTO"

       Dende o equipo da biblioteca queremos propoñer unha actividade de animación á lectura para celebrar o día do libro que será o 23 de abril. A actividade leva por título "quéroche contar un conto" e levarase a cabo na semana de dita celebración. Pretendemos que sexa unha forma de facer partícipes ás familias que así  o desexen, na lectura de un conto aos nenos/as do ciclo do seu fillo/a. As persoas interesadas en participar comuníquense con nós para a organización. Moitas grazas de antemán!


martes, 8 de abril de 2014

LIPDUB

           A finais de marzo realizamos no centro un lipdub, seguindo co proxecto do tren, recién iniciado e no que colaboramos o equipo da biblioteca e o equipo de dinamización da lingua galega ( EDLG ). Trátase da gravación dun video que percorre o colexio e no que participa toda a comunidade educativa: profesores e alumnado, así como o persoal non docente: conserxe, personal de cociña, colaboradoras do comedor e personal de limpeza. Foi moi divertido sincronizarnos todos e ter moi claro onde tiñamos que estar e que tiñamos que facer, pero a verdade, é que o resultado final mereceu a pena.
           A canción que soa, é unha versión do "tren" de Andrés do Barro. A nosa canción foi composta e cantada por o mestre Fran Manteiga, ao que agradecemos enormemente a implicación que tivo no noso Centro. Moitas grazas!
           Aquí vos deixamos o noso vídeo, esperamos que vos guste.


viernes, 4 de abril de 2014

RESOLVEMOS A MISIÓN!

          Esta semana todos os cursos pasaron pola biblioteca a facer a súa misión. Aquí vos deixamos as fotos dalgúns cursos para que vexades o ben que o fixeron estes nenos/as.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/1%C2%BA%20mision%204%20anos/template.swf

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/1%C2%BA%20mision%201%C2%BA/template.swf

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/1%C2%BA%20mision%202%C2%BA/template.swf

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/1%C2%BA%20mision%205%20anos/template.swf
 
      E por fin, completamos o puzzle con todas as pezas!!! queredes ver o que aparecía?


      Aparece unha foto da estación do tren de Curtis, de fai xa uns anos. Nela vese un montón de xente preto do tren que acaba de chegar. Este puzzle será o punto de partida do noso traballo: o tren! Agardannos máis probas que superar. O luns veredes na biblioteca unha nova... qué vos preguntará Raiola esta vez?

miércoles, 2 de abril de 2014

1ª MISIÓN RESOLTA!!!!

          Hoxe, os máis pequeniños do cole, estiveron na biblioteca resolvendo a súa misión. E fixérono estupendamente porque estaban moi atentos escoitando as pistas que Raiola lles ía deixando. Estes nenos/as son moi listos e atoparon moi rápido todos os sobres que os conducían ata a peza do puzzle que pouco a pouco se vai completando... que será? ainda hai que esperar que o resto de cursos resolva a súa misión para ver o puzzle enteiro.




https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/1%C2%BA%20misi%C3%B3n%203%20anos/template.swf
 

martes, 1 de abril de 2014

TEATRO

             O xoves 27 de marzo foi o día mundial do teatro, e no centro quixémolo celebrar na biblioteca e estrenando o novo escenario!!! A obra levaba por título "A súa vida" e foi representada polo grupo  Leda teatro. Trata da historia de dous nenos, un neno e unha nena, que nacen o mesmo día, e cóntannos o que lles vai acontecendo: van medrando, namorándose, estudiando, coidando un do outro... Para iso empregan varias técnicas: teatro de obxecto, clown, contos e todo misturado a través dos dous actores  ao longo dos episodios.
Foi unha tarde moi divertida na que desfrutamos e nos achegamos ao mundo do teatro. Agardamos pronto a volta destes dous artistazos: Estíbaliz Veiga e José Leis. Moitas grazas!!

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/teatro/template.swf