lunes, 19 de diciembre de 2022

PANXOLIÑAS


Os alumnos de 6º percorreron as aulas deleitándonos cunhas panxoliñas en inglés. E desta forma queremos felicitarvos estas festas de Nadal. 

Non esquezades pedir libros nas vosas cartas de Nadal.


lunes, 12 de diciembre de 2022

viernes, 25 de noviembre de 2022

ACTIVIDADE POLA IGUALDADE


O pasado xoves 24 de novembro o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria tivo oportunidade de participar nunha actividade en colaboración co CIM do Concello de Curtis co obxectivo de promocionar a igualdade entre homes e mulleres.

sábado, 5 de noviembre de 2022

OS INVENTOS DE JULES VERNE


Ao longo deste curso levaremos adiante un Proxecto Integrado a nivel de centro sobre os inventos. Se pensamos nun escritor no que os inventos teñen un papel relevante ese e Jules Verne, un escritor adiantado ao seu tempo e que imaxinou unha serie de inventos que aínda tardarían moitos anos en facerse realidade. Dende a biblioteca propoñemos a lectura das súas viaxes fantásticas e que vos deixedes levar... 






 

viernes, 4 de noviembre de 2022

VISITA AO MUNCYT DO ALUMNADO DE INFANTIL


 O xoves, 3 de novembro, todo o alumnado de educación infantil visitou o MUNCYT (Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía), onde fixeron un percorrido polo bazar da ciencia e a tecnoloxía, vendo cómo evolucionaron obxetos que nos rodean e descubrindo algúns dos inventos que revolucionaron o século XX.

   Nas salas do Museo observaron, entre outras moitas cousas, dende o primeiro ordenador que chegou a España ata a lanterna da Torre de Hércules, e incluso subiron a un Jumbo de Iberia . A visita tiña moito que ver co noso proxecto INVENTOS; nunha das salas, admiraron un muro adicado aos inventores.

   Resultou unha mañá moi interesante.

lunes, 31 de octubre de 2022

MAGOSTO E XOGOS POPULARES


O pasado venres 28 de outubro conmemoramos no noso centro o MAGOSTO con xogos populares nos que a castaña foi a principal protagonista e desfrutamos dunha merenda conxunta para todos os nenos e nenas do centro preparada pola ANPA. Se que redes botar unha ollada precede no video



 

martes, 25 de octubre de 2022

LECTURAS DE MEDO ... MOITO, MOITO MEDO


Un ano mais achégase o Samaín e podedes botar un ollo as nosas recomendacións lectoras de medo, bruxas, monstros, vampiros e moito máis. tamén podedes visitar o noso taboleiro de Pinterest na seguinte ligazón:






 

martes, 20 de septiembre de 2022

NOVA CONTA DE INSTAGRAM

 


A nosa biblioteca xa conta cunha conta de instagram para mantervos informados das novidades, novas, recomendacións lectoras e máis. Podes visitarnos premendo no icono ou a través do código QR.
 







viernes, 9 de septiembre de 2022