viernes, 24 de noviembre de 2017

Contos de medo de Infantil

Por motivo do Samaín, recopilamos no cole os contos de medo que fixeron os nenos e nenas. Aquí vos deixamos os contos de medo d@s alumn@s de infantil.
Que meeeeeedoooooo!!!!!!!!!!!!!!!!!








Exposición de xogos tradicionais

No cole seguimos facendo actividades relacionadas co proxecto de "A vida no campo". Esta vez fixemos unha exposición de xogos tradicionais con xogos como: a chave, o arco, a billarda, o tirapedras, o aro,...





lunes, 13 de noviembre de 2017

Excursión pola Ribeira Sacra

O alumnado de 4º, 5º e 6º foron o 3 de novembro de excursión pola zona da Ribeira Sacra.
A primeira parte transcurriu en Quiroga donde deron un paseo polos campos de olivos e participaron na recollida de aceitunas, podendo facer o vareo tradicional e ver como se realiza coa maquinaria. Visitaron a almazara, onde recibiron unha explicación do proceso productivo do aceite.
Tamén fixeron unha cata de aceite acompañado de pan da zona e unha visita á adega Lar de Ricobao, onde se explicaron diferentes procesos de vinificación.

A segunda parte transcurriu en Doade. Fixeron unha ruta en tren turístico pola Ribeira Sacra, visita á adega Regina Viarum, atravesando a romana Via Appia, na que degustaron o preciado néctar dos deuses, acompañando viandas da zona.


















viernes, 10 de noviembre de 2017

Charla sobre a corrección postural

Na biblioteca do centro celebrouse unha charla impartida por dous monitores de deporte do concello, sobre a corrección postural.
Foi unha charla moi instructiva, util e pedagóxica, xa que os alumnos e alumnas aprenderon cal debe ser a postura correcta á hora de sentarnos, de levar a mochila, durmir ou para facer calquer tipo de traballo e tamén aprenderon que posturas deben evitar para non ter problemas de espalda nun futuro que poden derivar en problemas de saúde moito máis graves.



martes, 7 de noviembre de 2017

Festa do Samaín/Magosto

No cole fixemos unha festa de celabración do Samaín/Magosto realmente espectacular: comimos centos de castañas, cantamos, bailamos, fixemos unha exposición cos relatos de medo dos nenos e nenas e ata fixemos un conxuro para vendecir os frutos do campo!!!!!!!!!!!!!