lunes, 29 de abril de 2019

I CONCURSO DE PODCAST: "CURTIS NA LEMBRANZA, AS FEIRAS DE 1900"



Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria participamos no I Concurso de Podcast de Radio na biblio cunha curta emisión de radio que leva por título “Curtis na lembranza: As feiras de 1900” na que queremos por de manifesto a nosa historia, tendo como eixo vertebrador as feiras que tanto nos caracterizan, a nosa mellor tradición.

Así, decidimos realizar un faladoiro no que cada neno e nena aportara información sobre este evento, así como os datos que nos pareceron máis importantes e curiosos logo dun traballo de busca, reflexión e visionado de diferentes vídeos e fotografías.

Desfrutade deste audio e non esquezades que tedes unha cita en Curtis a última fin de semana de xullo.




jueves, 25 de abril de 2019

Semana do libro (2/3)


Continuando coa Semana do Libro, hoxe as narracións de contos estiveron a cargo dos nosos compañeiros e compañeiras de primeiro, segundo e terceiro de Educación Primaria. Queredes saber cales foron os contos elixidos? Descubrideo no vídeo!



Semana do libro (1/3)


Con motivo da celebración do Día do libro, e aproveitando as sesións do plan lector, ao longo desta semana  reunirémonos na biblioteca do centro para compartir relatos e contos. Hoxe os compañeiros e compañeiras de cuarto, quinto e sexto de primaria foron os encargados de inaugurar dita celebración. Mirade que ben o fixeron!








viernes, 12 de abril de 2019

LOGO GAÑADOR CONCURSO DE LOGOS "RADIO RADIOLA"


Este é o logo gañador co que se vai a identificar a nosa radio a partir de agora. Noraboa a Lucía Baos Salgado de 6º de Educación Primaria.

Grazas a todos e todas pola vosa participación e implicación.

miércoles, 10 de abril de 2019

UN LOGO PARA A NOSA RADIO, RADIOLA!


Este venres 12 de abril farase público cal será o logo para a nosa radio RADIOLA e tod@s vós fixéstedes un traballo magnífico! Por iso están todos expostos no noso patio para que poidades ver o que fixo cada un de vós, en definitiva: SODES UNS ARTISTAS!
Estamos creando unha gran radio, a NOSA RADIO.

Grazas a tod@s por participar, isto só acaba de comezar!




martes, 9 de abril de 2019

EMISIÓN EN PROBAS


Estamos a ultimar os detalles para que a nosa emisora de radio RADIOLA comece a funcionar. O vindeiro venres 12 de abril poderedes escoitar no noso patio durante o recreo o PRIMEIRO PROGRAMA.

LOS FUTBOLÍSIMOS - EL MISTERIO DE LOS SIETE GOLES EN PROPIA PUERTA



Hoxe tivo lugar na nosa biblioteca a presentación do novo libro dos "Futbolísimos" para o Club de Lectura que leva por título "El misterio de los siete goles en propia puerta".
Desexamos que sexa do agrado dos nosos lectores e que disfruten da súa lectura nas vacacións.

lunes, 8 de abril de 2019

UN MUNDO CHEO DE PERSONAXES


O venres 5 durante o recreo os alumnos e alumnas do colexio decoraron e colorearon os personaxes dos seus contos favoritos e desfrutaron xuntos dun momento moi divertido.

Non perdades o que ocorrerá o próximo venres, agardámosvos na BIBLIO!
 Non deixedes de ler, vós sodes os auténticos protagonistas