Mostrando entradas con la etiqueta Besescolaresabertas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Besescolaresabertas. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de mayo de 2026

VISITA DE HARUNA CHATANI NA SEMANA DAS LETRAS LETRAS GALEGAS



No marco da celebración da Semana das Letras Galegas, tivemos a sorte de recibir no noso colexio a visita de Haruna Chatini, unha convidada moi especial que nos sorprendeu coa súa paixón e admiración por Galicia e pola nosa lingua.

Durante o encontro, Haruna compartiu co alumnado un fermoso conto tradicional xaponés, transportándonos ata o seu país de orixe a través da maxia das historias. Os nenos e nenas escoitaron con moita atención e descubriron algúns aspectos da cultura xaponesa, establecendo pontes entre dúas culturas tan afastadas xeograficamente e, ao mesmo tempo, tan próximas nos seus valores e tradicións.

A visita continuou cun momento moi especial no que Haruna demostrou o seu amor pola cultura galega. Tocou a pandeireta e tamén a gaita, interpretando pezas tradicionais que encheron o centro de música e alegría. O máis sorprendente foi escoitala expresarse en galego, unha lingua que aprendeu e que utiliza con grande respecto e entusiasmo.

O alumnado participou con interese, realizou preguntas e gozou dunha experiencia enriquecedora que nos axudou a comprender que a lingua e a cultura galegas poden traspasar fronteiras e conquistar corazóns en calquera lugar do mundo.

Queremos agradecerlle a Haruna a súa visita, a súa cercanía e o cariño co que compartiu connosco a súa historia. Sen dúbida, foi unha actividade inesquecible que contribuíu a facer desta Semana das Letras Galegas unha celebración moi especial.

Moitas grazas, Haruna, por transmitirnos que o amor pola lingua e pola cultura non entende de distancias! 💙🤍💙



lunes, 15 de septiembre de 2025

CON MOITO CONTO ... O NOSO PROXECTO PARA O CURSO 2025/26



Érase unha vez ... un curso cheo de contos

Durante o curso 2025/26 a nosa biblioteca aposta polo desenvolver o Proxecto Integrado a Nivel de Centro "Con moito conto ..." .
Historias que se converterán no fío invisible que coserá aprendizaxes, emocións e experiencias nas nosas aulas a través da biblioteca. A través dos contos viaxaremos a lugares fantásticos, coñeceremos personaxes inesquecibles e descubriremos que, dentro de cada conto agroma a semente do amor pola lectura e pola escritura. 
Con este proxecto iniciamos un camiño cheo de palabras, soños e aprendizaxes. Un curso coas mochilas cheas de libros e de ilusión. 
E así comeza o noso conto para o curso 2025/26 .. acompañádesnos nesta historia?


 

martes, 15 de julio de 2025

PROXECTO NÓS SOMOS HISTORIA: A IDADE MODERNA





Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria mergulláronse na Idade Moderna. A partir de diferentes fichas de traballo, foron investigando e afondando nos acontecementos históricos máis relevantes deste período, descubrindo tamén os importantes cambios sociais e económicos que transformaron a sociedade da época.

Durante a investigación, tiveron a oportunidade de coñecer mellor a figuras clave da nosa historia, entre elas María Pita, cuxo exemplo de valentía resultou especialmente inspirador para o alumnado.

O proxecto non se limitou só á parte teórica. Os nenos e nenas traballaron tamén na preparación do tapiz colectivo, no que representaron os feitos históricos máis destacados a través de cadros pintados sobre liño.

Para completar a experiencia, elaboraron unha presentación en galego e en inglés, na que explicaron o seu proceso de investigación e compartiron curiosidades sobre a Idade Moderna. Unha experiencia moi enriquecedora na que combinaron investigación, creatividade e comunicación, converténdose por uns días en auténticos pequenos historiadores.



Así foi parte do proceso de elaboración: 

BIBLIOTECA DO CEIP DE CURTIS
CURSO 2024/25


PROXECTO NÓS SOMOS HISTORIA: A BAIXA IDADE MEDIA


O alumnado de 3º de Primaria traballou este ano sobre a Baixa Idade Media, un período cheo de cambios sociais, retos e transformacións importantes.

A súa investigación centrouse en aspectos clave desta época: o xurdimento das cidades, a aparición dunha nova organización social, a chegada da peste negra e as revoltas irmandiñas que marcaron o final da Idade Media en Galicia. A través destas temáticas, o alumnado comprendeu mellor como vivían as persoas e como estes feitos influíron na nosa historia.

No día a día da aula elaboraron fichas de investigación, nas que recolleron datos, debuxos e reflexións. Ademais, participaron na creación do tapiz colectivo do proxecto e colaboraron nun vídeo en galego e en inglés, no que explicaron parte do aprendido. A experiencia completouse cunha emisión de radio escolar, que lles permitiu practicar a expresión oral e compartir cos demais o seu traballo.

Este proxecto axudoulles a desenvolver curiosidade histórica, habilidades de comunicación e, sobre todo, a comprender que estudar o pasado é unha forma de entender mellor o presente.






BIBLIOTECA DO CEIP DE CURTIS
CURSO 24/25

PROXECTO NÓS SOMOS HISTORIA: A ALTA IDADE MEDIA



Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria mergulláronse este curso na Alta Idade Media, unha época chea de aventuras, descubrimentos e historias sorprendentes.

Durante o proxecto, investigaron diferentes aspectos desta etapa da historia: como os viquingos chegaban ás costas de Galicia, o papel dos mosteiros como centros culturais, a vida dos xograres, e o nacemento do Camiño de Santiago. Toda esta aprendizaxe quedou recollida nos seus cadernos, transformándose nun verdadeiro diario de exploración histórica.

Pero a historia non quedou só nas páxinas. Os nenos e nenas participaron na creación do tapiz colectivo, representando escenas e momentos destacados da época. Ademais, a través de lecturas e contos seleccionados pola titora, puideron imaxinar como se vivía na Idade Media: as casas, os oficios, a roupa e as tradicións da xente daquela época.

Para completar a experiencia, tamén aprenderon vocabulario en inglés relacionado co proxecto, combinando historia e lingua de maneira divertida e enriquecedora.







BIBLIOTECA DO CEIP DE CURTIS 
CURSO 2024/25

PROXECTO NÓS SOMOS HISTORIA: O NEOLÍTICO

 

Os alumnos de 6º de infantil traballaron sobre o Neolítico. Ao longo deste curso traballaron con teares, elaboraron os seus propios castros en miniatura e experimentaron coa cerámica ao estilo do Neolítico.
A continuación clica para ver o video no que comparten o resultado das súas investigacións e o proceso de elaboración do seu panel para o tapiz. 



Así foi o proceso para elaborar o tapiz ...




Obradoiro de cerámica ...


E visita á exposición no centro ao final de curso nas xornadas de portas abertas:  



BIBLIOTECA DO CEIP DE CURTIS
CURSO 2024/25


martes, 27 de mayo de 2025

NOS SOMOS HISTORIA: A ROMANIZACIÓN


Este curso, o alumnado de 1º de Primaria traballou sobre a Romanización, descubrindo como foi a chegada dos romanos a Galicia e a pegada que aínda permanece no noso territorio.

Ao longo do proxecto, investigaron quen eran os romanos, como vivían e por que chegaron ata aquí. Aprenderon sobre os campamentos romanos, as súas construcións e organización, e comprenderon como moitos dos seus inventos e costumes seguiron presentes durante séculos.

Un dos momentos máis especiais foi a visita ao Castro de Viladonga, onde puideron observar de preto restos arqueolóxicos e imaxinar como era a vida naquela época. Ademais, participaron nun obradoiro artístico, no que traballaron sobre algúns dos principais monumentos romanos e plasmaron, de forma creativa, o aprendido.

O proxecto completouse co traballo de vocabulario específico en inglés, o que lles permitiu explicar parte do que aprenderon noutra lingua, e coa preparación dun programa de radio escolar, no que compartiron as súas investigacións.

Grazas a esta experiencia, os nenos e nenas descubriron que a historia non é só algo do pasado: forma parte do lugar onde vivimos e segue acompañándonos no día a día.



Así foi o proceso: 


E a visita á exposición do proxecto nas xornadas de portas abertas: 


BIBLIOTECA DO CEIP DE CURTIS
CURSO 2024/25

OBRADOIRO EN IGUALDADADE

 


O pasado luns os alumnos de 6º de primaria participaron nun obradoiro en igualdade impulsado dende o CIM (Centro de Información ás Mulleres) do Concello de Curtis que pretende axudar a previr actitudes e comportamentos sexistas. 


lunes, 28 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO: LECTURAS COMPARTIDAS


Para a conmemoración da Semana do Libro na nosa biblioteca tamén contamos con Patricia e Susana para colaborar na actividade de lecturas compartidas vos alumnos de 3° e 4° de primaria. Agradecémoslle a súa colaboración!



SEMANA DO LIBRO: LECTURAS COMPARTIDAS PARA 5° e 6°



O xoves 24 de Abril os alumnos de 5º e 6º de primaria participaron na actividade  "lecturas compartidas" da man de Raquel que lles leu "INVISIBLE" de Eloy Moreno. Unha lectura imprescindible que narra a través dos ollos dun neno unha historia de bulling emotiva e conmovedora.
Dende a bibliotecea agradecemos a colaboración das nais que se ofreceron para participar nesta iniciativa.







sábado, 26 de abril de 2025

lunes, 28 de octubre de 2024

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BILBIOTECAS COMEZAMOS O PROXECTO


O pasado 24 de outubro demos comezo ao proxecto que levaremos a cabo no noso cole durante o curso 2024/25. Está concebido como a continuidade do proxecto que iniciamos o curso anterior "Galicia somos nós" no que os alumnos afondaron en diferentes aspectos da xeografía, organización do territorio, a lingua, a literatura e o patrimonio cultural e etnográfico. Decidimos continuar co proxecto durante un curso máis, levando por título "Nós somos historia" no que os alumnos de infantil e primaria farán un percorrido pola nosa historia dende o paleolítico ata a actualidade. Para ver o resultado final teredes que agardar ata fin de curso.





lunes, 21 de octubre de 2024

martes, 1 de octubre de 2024

LECTURAS CON LANTERNA: VOLTA AOS CLÁSICOS



Chega á nosa biblioteca unha nova convocatoria do Club de Lectura. Nesta edición sobre clásicos modernos que cautivaron a moitas xeracións de nenos e nenas, fomentando a imaxinación e o amor pola lectura.  Se estás en 5º ou 6º de primaria apúntate durante o recreo do 1 ao 18 de outubro no despacho de dirección. 

 

lunes, 16 de septiembre de 2024

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2024/25

 


Benvidos ao novo curso 2024/25 no que continuaremos co proxecto "Galcia somos nós". Ao longo deste curso os alumnos do Ceip de Curtis investigrarán sobre a Historia de Galicia e ao final de curso poderedes ver o resultado final UN GRAN TAPIZ que reflectirá os resultados da súa investigación. Comezamos!!!!