domingo, 14 de diciembre de 2014



FOTOS VISITA GRANXA E IGREXA DE SANTA MARÍA DE MEZONZO

Tivemos unha xornada chuviosa pero moi divertida. Pasámolo moi ben.
















martes, 9 de diciembre de 2014

VISITA A UNHA GRANXA DA CONTORNA

VISITA A UNHA GRANXA DA CONTORNA O próximo dia 12 de decembro, faremos unha visita a unha granxa con todo o alumnado do colexio esperamos pasalo moi ben. Tamén aproveitaremos para visitar a igrexa de Santa María de Mezonzo. Á volta subiremos as fotos ao blog.

martes, 4 de noviembre de 2014

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Durante o mes de outubro no CEIP de Curtis fixemos unha exposición de cabazas e tamén plantamos uns castiñeiros nos arredores do colexio. Todo isto podemos velo no seguinte enlace


lunes, 3 de noviembre de 2014



QUE BONITO MAGOSTO!!

Este ano disfrutamos dun bonito magosto no CEIP de Curtis, o mércores 29 de outubro.
Pola tarde, degustamos castañas, bebemos refrescos, queimamos os nosos medos e tamén entregamos os premios ás mellores cabazas, Pasamos unha tarde moi animada e divertida.




lunes, 20 de octubre de 2014

ADEUS AOS MEDOS !!!


   Os nenos e nenas de infantil e primaria meteron os seus medos na CAIXA DOS MEDOS. Máis adiante, o 29 de outubro,cando celebremos o magosto, faremos lume e queimaremos os monstruos, as bruxas, a escuridade, o lobo...
   Unha mostra desta actividade pódese ver a continuación.

jueves, 16 de octubre de 2014


CLUB DE LECTURA



O pasado mércores 15 de outubro botamos a andar o club de lectura do CEIP de Curtis. Celebrámolo por todo o alto cunha pequena festa e tamén eleximos o nome do noso club. Tras moito deliberar decidimos chamarlle "LECUR". Como mostra desta andaina pódense ver estas fotos.











 























sábado, 11 de octubre de 2014



XA ESTAMOS FACENDO TALLERES NA BIBLIOTECA


A pasada semana xa empezamos a facer talleres de contos e ilustración na biblioteca. Pasámolo moi ben, así que animádevos que aínda quedan mais días.

 Aqui tedes unha mostra dos talleres dos dous primeiros dias.

 
 
 
 
 


jueves, 11 de septiembre de 2014


QUERIDAS ALUMNAS E ALUMNOS: co comezo do novo curso escolar iniciamos tamén unha nova andaina na nosa biblioteca, aínda que este ano será sen a profe Isabel, a que lle desexamos moita sorte no seu novo centro.

   Durante este curso, o novo equipo da biblioteca, conta con vos para facer cousas moi divertidas e interesantes partindo dun proxecto integrado que leva por título: "PASEANDO POR CURTIS E A SÚA CONTORNA".

   Tamén crearemos un CLUB DE LECTURA para os alumnos/as maiores e teremos moitas novidades que vos van encantar.

   Dende logo, lembrade que SEMPRE IDES TER ALGO INTERESANTE QUE FACER NA VOSA BIBLIOTECA.

   Esperámosvos a todas e a todos.










sábado, 21 de junio de 2014

FELICES VACACIÓNS!!

      Rematamos este curso que veu cargado de moitas noticias na nova biblioteca: actuacións, misións, pistas, xogos, agasallos... pero esto é só o comezo porque o ano que ven agárdannos sorpresas!! Dende o equipo da biblioteca desexámosvos un moi feliz verán e que leades moito!! Vémonos en setembro. Felices lecturas!!!
 

DIPLOMAS

         O venres rematamos as clases e para celebralo fixemos unha saída ao cine. Pero á volta agardábannos sorpresas. Realizamos unha comida no comedor no que estabamos todos. E alí, aproveitamos o momento para entregar aos nosos nenos, os maiores do cole, o alumnado de 6º, un diploma por rematar a educación primaria e que non se olviden de nós. Saben que os botaremos un montón de menos e que aquí teñen a sua casa e que poden volver cando o precisen. Moita sorte na vosa nova andaina!!!.
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/diplomas%206%C2%BA/template.swf
 

lunes, 16 de junio de 2014

TOMBOLA DE INFANTIL

         Hoxe comezamos a tómbola cos nenos/as de infantil. Acudiron á biblioteca a canxear as pegadas conseguidas ao longo das misións, por regalos. Tiñamos que mirar cantas pegadas tiñamos e canto custaba o agasallo que queriamos... a veces decidirse era difícil... pincha na imaxe para ver os nosos regalos.

 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/TOMBOLA%20INFANTIL/template.swf

 

sábado, 14 de junio de 2014

TREN DE CHOCOLATE

       Para festexar o remate do proxecto documental, realizamos un enorme tren de chocolate co que agasallamos aos nosos alumnos. O encargado de cada clase tiña que traer a pegada de Raiola que conseguiran de xeito grupal coa primeira misión. Deste xeito levaban para a súa aula un vagón do tren de chocolate que estaba riquísimo!!. Pero antes de comelo, todos os nenos/as baixaron á biblioteca a velo... que chulo quedou!!.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/tren%20chocolate/template.swf

 
 
 
        Pero ainda quedan máis sorpresas... o luns comenzamos coa tómbola dos agasallos, onde o alumnado canxeará as pegadas conseguidas ao longo das misións por premios...

sábado, 7 de junio de 2014

REALIZAMOS A ÚLTIMA MISIÓN

       Aquí podedes ver diferentes cursos realizando a última misión. Estaban todos moi concentrados.. e fixérono xenial!!!.
 Alumnos/as de 3 anos
 


Alumnos/as de 4 anos
 

 
Alumnos/as de 5 anos
 

 
Alumnos/as de 3º
   
 
Alumnos/as de 4º
   

miércoles, 28 de mayo de 2014

OS NENOS/AS DE 2º RESOLVEN A 4ª MISIÓN.

      Os nenos/as de 2º resolveron a 4ª misión estupendamente!!! estiveron moi atentos ás pistas e non tiveron ningunha dificultade! Noraboa!!
      Pincha na imaxe para velos.
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/4%C2%AA%20misi%C3%B3n%202%C2%BA/template.swf
 

martes, 27 de mayo de 2014

CONTACONTOS

         Unha vez máis os pequeniños do cole e os nenos/as de 1º ciclo acudimos á biblioteca para escoitar un fermosísimo conto de Doris, que como sempre nos encantou!! Moitas grazas Doris!!. Esta vez, a historia partia dun cadro do artista lucense, afincado en Nova York, Antonio Murado. Gustouno moito e ao tempo, escoitabamos sons da natureza que Doris facía con instrumentos: vento soprando, tronos, choiva...
          Por último fixemos un cadro para a nosa clase. Par iso, Doris axudounos. Primeiro poñíamos a folla nunha caixa especial, logo metíamos os pinceis que queríamos: cunchas, pedras, piñas... logo cerrábamos a caixa e había que axitar un pouquiño. Sairon uns cadros preciosos!!!!.

Para ver a os nenos/as de infantil pincha aquí.
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/contacontos%20maio%20infantil/template.swf
 
 

Para ver a os nenos/as de 1º ciclo pincha aquí.
 
http://primeirocicloepcurtis.blogspot.com.es/2014/05/contacontos.html