Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de mayo de 2026

TEATRO PARA INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA



Con motivo da conmemoración das Letras Galegas e coa colaboración do Concello de Curtis, o luns 11 de maio o alumnado do noso centro gozou na biblioteca dunha divertida e participativa representación teatral: Contos de Lobos?.

Nesta proposta teatral, as personaxes Mon e Pe achegáronse ao público para contar diferentes historias populares nas que os lobos son os protagonistas. A través dunha escolla aparentemente aleatoria de contos tan coñecidos como Carapuchiña Vermella, Os tres porquiños, Pedro e o lobo ou Os sete cabuxos, as nenas e os nenos convertéronse en actores e actrices por un día.

O espectáculo destacou pola súa gran interacción co público e por unha importante dose de improvisación colectiva. As alumnas e os alumnos participaron activamente na dramatización das historias, colaborando coas personaxes para dar vida aos contos e facer avanzar a trama.

Ademais da diversión, esta actividade permitiu traballar valores fundamentais como a escoita activa, a empatía, o respecto polos diferentes puntos de vista e a importancia da cooperación. A través do xogo teatral, o alumnado descubriu que a colaboración de todas e todos é esencial para construír unha historia compartida e aprender das mensaxes que transmiten os contos populares.

Foi unha experiencia moi enriquecedora que encheu a nosa biblioteca de risas, creatividade e ilusión, celebrando a lingua e a cultura galegas dunha forma dinámica e participativa.



lunes, 9 de junio de 2025

OBRADOIRO DE TEATRO RADIOFÓNICO CON CRISTINA COLLAZO

O pasado 9 de xuño os alumnos de 4° e 5° de primaria tuvieron a oportunidade de participar nun obradoiro de teatro radiofónico da man de Cristina Collazo. Foi unha experiencia moi enriquecedora para o noso alumnado poder explorar as posibilidades do teatro no ámbito radiofónico da man de Cristina. 
Podes visitar a nosa conta de Instagram premendo na imaxe: 




lunes, 24 de abril de 2023

SAÍDA DIDÁCTICA A SANTIAGO DE COMPOSTELA



O día 13 de abril de 2023, os nenos e nenas de Educación Infantil visitaron a cidade de Santiago de Compostela para asistir no Auditorio Afundación Abanca do espectáculo "FEO" da man de Caramuxo Teatro, inspirado no clásico de Hans Christian Andersen "O parrulo feo". Todo un canto á diversidade e á reivindicación da esencia propia, incidindo na importancia de coñecérmonos e aceptármonos como somos.

viernes, 28 de mayo de 2021

TEATRO ONLINE

 

Os alumnos de infantil e primario desfrutaron de varios espectáculos teatrais online de Afundación  TV. Os alumnos de educación infantil e 1º de primaria asistiron ao teatro de títeres “As fabas máxicas”da  de Caramuxo Teatro, os alumnos de 2º, 3º e 4º visionaron “Concerto singular” de Píscore e os alumnos de 5 e 6º asistiron á version en clave medioambiental do clásico “20.000 leguas en viaxe submarina”.

 

viernes, 29 de noviembre de 2019

SAÍDA ...AO TEATRO: "A NENA E O GRILO"


Os alumnos de 1º, 2º e 3º de educación primaria asistiron o pasado día 28 de novembro ao espectáculo músico-teatral "A nena e o grilo" creado pod Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos no auditorio A BANCA. Que pasa cando a nena e o grilo pisan sen querer á súa amiga Xertrude a araña? Buscando un modo de devolvela á vida atópanse cuns artistas ambulantes que os adentran no mundo da maxia para tráela de novo.

jueves, 31 de octubre de 2019

SAÍDA ... AO MUPEGA E AO TEATRO

O pasado 29 de outubro os alumnod de 4º, 5º e 6º de educación primaria fixeron una saída a Santiago. Primeiro visitaron o MUPEGA para facer un percorrido pola historia do ensino en Galicia dende o século XIX e poñer en valor o patrimonio educativo galego.
Tamén asistiron á obra de teatro "Troya" da man de Zarándula Comunicación Cultural que aborda os fraudes tecnolóxicos. Cada día son máis habituais os fraudes tecnolóxicos e moita xente xoven vese afectado por ese tipo de estafas e os protagonistas da obra, Héctor, Helena e Alexandro, tamén serán víctimas desta situación fraudulenta.


martes, 15 de octubre de 2019

SAÍDA ... AO TEATRO CON GALICREQUES



O luns 14 de outubro, os alumnos de Educación Infantil disfrutaron da representación teatral "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquello na cabeza" no Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela a cargo da compañía Galicreques.
Querédela ver outra vez?