lunes, 21 de marzo de 2022

CLUB DE LECTURA DO LIBRO AO CINE ... AS BRUXAS DE ROALD DAHL

 


O club de lectura reuniuse de novo. Nesta ocasión coñecimos máis cousas sobre a vida do autor e afondamos sobre o libro que estiveran a ler "As bruxas". Un libro que trata duns seres difíciles de atrapar porque pareceb persoas normais, que odian aos nenos con todo o seu ser, que desfrutan tramando plans e facendo desaparecer nenos (un por semana) , e que parecen señoras simpáticas (incluso poderían ser mestras)!!. Un libro fantastibuloso ... pero como foi levado ao cine? 
Na próxima xuntanza saberémolo.






martes, 8 de marzo de 2022

LECTURAS CON UVA (3º DE PRIMARIA)

 Este luns 7 de marzo recibimos a visita de Uva para ler xunto cos alumn@s de 3º de primaria o libro Emocionario de Cristina Núñez e Rafael Moreno. Unha fermosa experiencia. Podedes un resumo desta actividade seguinte video:



DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar este día cada alumno realizou un debuxo da "muller da súa vida" que se expuxeron na cortiza da entrada. Nas seguintes fotografías podedes ver as creacións dos nosos artistas!.
 Ademais os alunmos de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º visualizaron a pelicula "Brave"e nos cursos 5º e 6º "La Historia del 8M, Día Internacional de la mujer".