viernes, 13 de diciembre de 2019

jueves, 12 de diciembre de 2019

lunes, 9 de diciembre de 2019

jueves, 5 de diciembre de 2019

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este ano quixemos conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade proxectando na Biblioteca para todo o noso alumnado o corto titulado "Cuerdas", unha conmovedora historias na que María e Nicolás cruzan as súas vidas falándonos de inclusión, respeto, amor e vocación.

miércoles, 4 de diciembre de 2019

OBRADOIRO DE FABRICACIÓN DE CASAS-NIÑO


Hoxe na nosa biblioteca tivo lugar un obradoiro de fabricación de casas-niño para 4º, 5º e 6º de primaria impartido polo GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOS


martes, 3 de diciembre de 2019

CONMEMORACIÓN DÍA DA CONSTITUCIÓN


O equipo de extraescolares, coa colaboración da Biblioteca organizou un xogo de busca de pistas. Cada curso deberá buscar a súa na "Hora de Ler" e así con todas as pezas poder completar o mural.

viernes, 29 de noviembre de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras continúan a sua viaxe. Lembrade recoller as vosas opinions e suxestións no noso caderno.

UN CONTO, UNHA MALETA- VIAXE A CHINA


Aquí tedes unha selección de libros para a aula de 2º que este curso viaxará a CHINA 

SAÍDA ...AO TEATRO: "A NENA E O GRILO"


Os alumnos de 1º, 2º e 3º de educación primaria asistiron o pasado día 28 de novembro ao espectáculo músico-teatral "A nena e o grilo" creado pod Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos no auditorio A BANCA. Que pasa cando a nena e o grilo pisan sen querer á súa amiga Xertrude a araña? Buscando un modo de devolvela á vida atópanse cuns artistas ambulantes que os adentran no mundo da maxia para tráela de novo.

martes, 26 de noviembre de 2019

CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Na cortiza da biblioteca colocáronse as mensaxes que cada clase preparou para "Darlle Pasaporte á Violencia". Despois cantamos xuntos a cancion de Amaral "Si tienes miedo". 

martes, 19 de noviembre de 2019

CLUB DE LECTURA - PRIMEIRA SESIÓN




Aquí tedes a presentación do libro que imos ler no Club de Lectura. Un libro moi doce "Charlie y la Fábrica de Chocolate" de Roahl Dahl. Despoís da lectura do primeiro capítulo ... quedaron con ganas de mais. Lembrade, a próxima sesión será o 9 de decembro as 15:00 horas.

viernes, 15 de noviembre de 2019

UN CONTO, UNHA MALETA- VIAXE A GROENLANDIA

Aquí tedes algunhas recomendacións para o proxecto "UN CONTO, UNHA MALETA" para os nenos de 5º de Infantil que traballan sobre GROENLANDIA.

CLUB DE LECTURA





A primeira reunión do CLUB DE LECTURA terá lugar na nosa Biblioteca o luns 18 de novembro ás 15:00 horas. Xa recibiches a túa invitación? Agardámoste.

jueves, 31 de octubre de 2019

SAÍDA ... AO MUPEGA E AO TEATRO

O pasado 29 de outubro os alumnod de 4º, 5º e 6º de educación primaria fixeron una saída a Santiago. Primeiro visitaron o MUPEGA para facer un percorrido pola historia do ensino en Galicia dende o século XIX e poñer en valor o patrimonio educativo galego.
Tamén asistiron á obra de teatro "Troya" da man de Zarándula Comunicación Cultural que aborda os fraudes tecnolóxicos. Cada día son máis habituais os fraudes tecnolóxicos e moita xente xoven vese afectado por ese tipo de estafas e os protagonistas da obra, Héctor, Helena e Alexandro, tamén serán víctimas desta situación fraudulenta.


miércoles, 30 de octubre de 2019

CELEBRAMOS O MAGOSTO


O mercores 30 de outubro festexamos o magosto por todo o alto. Desfixémonos dos pesares e das teimas que botáramos á caixa dos medos queimándoos. Tamén degustamos o asado de castañas, todos xuntos, grandes e pequenos, grazas ao castañeiro que nos acompañou neste día.

domingo, 27 de octubre de 2019

EXPOSICIÓN DE CABAZAS POLO SAMAÍN

Esta semana, os alumnos e familias adornaron estas fantáticas cabazas coa temática do proxecto deste curso: "UN CONTO, UNHA MALETA". Velaquía as mostras do seu traballo. 






Podedes ver a exposición de cabazas que este curso estiveron inspiradas no proxecto "Un conto... unha maleta". Dende Groenlandia a China, de Rusia a Cuba, … o resultado foi fantástico. Noraboa aos participantes. 

jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA - PRESENTAMOS O PROXECTO UN CONTO UNHA MALETA



No noso cole coincidindo co día da biblioteca, o 24 de outubro, inauguramos o proxecto "Un conto, unha maleta". Aproveitemos para expoñer, por cursos, representacións de contos relacionados con cada país do proxecto de centro.
Empezamos escoitando "viaxando a Kenia", logo chegamos ata Estados Unidos a través do conto "Pequeno xigante" e camiñamos cara o norte prestando atención ao poema “Groenlandia”. A nosa viaxe continuou mediante “Hércules e o Xigante”, “O nacemento do dragón” e “Matrioska”. Dirixímonos de novo ao continente americano para saber cal foi “el primer baile del hombre”, a continuación unha momia asustounos a través do “conto da momia”. Tamén descubrimos “o noso principiño” e rematamos a viaxe con “Cirilo e a grulla”.
Podedes adiviñar a que países viaxamos a través do título dos nosos contos?


martes, 15 de octubre de 2019

SAÍDA ... AO TEATRO CON GALICREQUES



O luns 14 de outubro, os alumnos de Educación Infantil disfrutaron da representación teatral "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquello na cabeza" no Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela a cargo da compañía Galicreques.
Querédela ver outra vez?



domingo, 13 de octubre de 2019

COMEZAN A ANDAINA AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa comezou a andaina das MOCHILAS VIAXEIRAS. As mochilas van cargadas con moitas propostas de lectura interesantes de lectura. Nos esquezades deixar os vosos comentarios no caderno de Raiola. Boa Viaxe!

miércoles, 11 de septiembre de 2019

BENVIDOS AO CURSO 2019/20



Benvidos! Inaguramos o novo curso 2019/20. Dende a nosa biblioteca este ano propoñemos un novo proxecto: "Un conto, unha maleta". Atréveste a viaxar con nós?

martes, 4 de junio de 2019

Proxecto 2º EP

Xa estamos de volta con máis novidades!
Recordades que esta semana estamos facendo un recopilatorio dos nosos traballos sobre o proxecto do centro? Agora tócalle aos compañeiros e compañeiras de segundo, coa emisión do seu programa, Reporteiros Viaxeiros; líder en audiencias!

Proxecto 1º EP

Bos días!
Continuamos coas exposicións dos nosos traballos. O pasado martes, os compañeiros e compañeiras de primeiro convertéronse en reporteiros. O seu programa foi todo un éxito! Tédelo que ver!


lunes, 3 de junio de 2019

Proxecto Infantil

Bos días! 
O curso está a piques de rematar, e como ben sabedes, este ano o noso proxecto de centro son os medios de comunicación e a convivencia. Con motivo de facer un recopilatorio do aprendido, esta semana expoñemos na biblioteca do centro os nosos traballOs. Os primeiros en impresionarnos co seu propio telexornal foron os compañeiros e compañeiras de infantil. Pedazo periodistas temos en Curtis!


viernes, 17 de mayo de 2019

XOGOS DE CONVIVENCIA NAS LETRAS GALEGAS

Para rematar a Semana de celebración das Letras Galegas, coincidindo ademais co día da convivencia, organizamos un circuito de xogos e obradoiros artesanais: elaboración dun maio, tiro á corda, baile da vasoira, guerra de equilibrios, obradoiro galeguista, obradoiro de xoguete con material de reciclaxe, obradoiro oleiro, castelos de carozos, tiro ao caldeiro e obradoiro de baile tradicional galego.
Os nenos e nenas e tamén as maestras, pasámolo moi ben. Queremos agradecer a colaboración da ANPA pola axuda para o obradoiro de maios e tamén a todas as familias por colaborar co material necesario.
VIVA AS LETRAS GALEGAS!!


Para ver máis fotos, clicade na imaxe.

miércoles, 15 de mayo de 2019

Semana Letras Galegas: “Os Caxigos”


No Ceip de Curtis continuamos co festexo. Hoxe a celebración correu a cargo do grupo teatral “Os Caxigos”, composto por moitos dos nosos compañeiros e compañeiras do cole, os cales interpretaron unha fermosísima e interesante obra titulada “O Conxuro das Letras”; unha obra montada POR ELES. NORABOA AMIGXS! Quedamos con ganas de máis!

Semana das Letras Galegas: Rockenstein

Seguimos celebrando a semana das letras galegas. Hoxe 14 de maio, as nenas e nenos do CEIP de Curtis acudimos ao edificio de usos múltiples de Teixeiro para disfrutar do espectáculo Os Rockenstein, a cargo da compañía de teatro Mala Sombra. 






lunes, 13 de mayo de 2019

Semana das Letras Galegas: Radio Bule Bule

Hoxe, luns 13  de maio, comenzamos a semana de celebración das Letras Galegas coa posta en marcha da primeira das actuacións, coa que nos divertimos moito: Paco Nogueira rróuxonos o seu espectáculo de RADIO BULE BULE.

 FOTOS ACTUACIÓN
                                           Con el cantamos,
                                                                                                      aprendemos as seccións da radio,
                               representamos en lingua de signos,
                                                                                                                    vimos o tempo,
                                                   tivemos concurso,
                                                                                           bailamos...

martes, 7 de mayo de 2019

Telexornal Curtis: LETRAS GALEGAS


Con motivo da celebración das letras galegas, na vindeira semana levaremos a cabo unha serie de actividades. Queredes saber cales? Aquí tedes o noso programa.