Mostrando entradas con la etiqueta Día da biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da biblioteca. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de octubre de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS: PRESENTAMOS O PROXECTO "CON MOITO CONTO ..."

 


O pasado 24 de outubro conmemoramos no CEIP de Curtis o Día das Bibliotecas, unha data moi especial para a nosa comunidade educativa e que, como xa vén sendo habitual, aproveitamos para presentar o proxecto que nos acompañará ao longo deste curso 2025/26.

Baixo o título “Con moito conto”, iniciamos unha nova aventura chea de historias, personaxes, imaxinación e aprendizaxes compartidas. A través deste proxecto, a lectura e os contos converteranse no fío condutor para descubrir, crear, investigar e gozar da maxia dos libros.

Ao longo dos próximos meses, cada grupo realizará unha viaxe diferente, adaptada á súa idade e aos seus intereses. Os máis pequenos de Educación Infantil iniciaranse no fascinante mundo dos contos clásicos en 3 anos, mentres que en 4 anos darán vida a un libro viaxeiro que medrará grazas á colaboración das familias. Pola súa banda, o alumnado de 5 anos descubrirá as posibilidades narrativas e artísticas do cómic.

No Primeiro Ciclo de Primaria, os nenos e nenas de 1º achegaranse ás inesquecibles historias de Hans Christian Andersen, acompañando personaxes que levan xeracións facendo soñar a lectores de todo o mundo. En 2º curso, a literatura e a música daranse a man para explorar contos nos que as palabras e os sons se mesturan creando experiencias únicas.

O Segundo Ciclo mergullarase en historias cheas de aventura e fantasía. En 3º de Primaria, os animais converteranse nos protagonistas de numerosos relatos, mentres que en 4º curso as bruxas, os misterios e os elementos máxicos abrirán a porta a novas investigacións e descubrimentos.

Finalmente, no Terceiro Ciclo, o alumnado de 5º afondará na riqueza das lendas galegas, descubrindo os seres, lugares e historias que forman parte do noso patrimonio cultural. E en 6º de Primaria, a etapa pecharase cun percorrido por algunhas das obras máis emblemáticas da literatura universal, entre elas O Principiño, unha historia que continúa emocionando xeración tras xeración.

Con esta presentación demos o pistoletazo de saída a un curso que promete estar cheo de lectura, investigación, creación e aprendizaxes compartidas. Porque detrás de cada conto escóndese unha oportunidade para descubrir o mundo, e este ano no CEIP de Curtis temos... moito conto que contar.





lunes, 28 de octubre de 2024

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BILBIOTECAS COMEZAMOS O PROXECTO


O pasado 24 de outubro demos comezo ao proxecto que levaremos a cabo no noso cole durante o curso 2024/25. Está concebido como a continuidade do proxecto que iniciamos o curso anterior "Galicia somos nós" no que os alumnos afondaron en diferentes aspectos da xeografía, organización do territorio, a lingua, a literatura e o patrimonio cultural e etnográfico. Decidimos continuar co proxecto durante un curso máis, levando por título "Nós somos historia" no que os alumnos de infantil e primaria farán un percorrido pola nosa historia dende o paleolítico ata a actualidade. Para ver o resultado final teredes que agardar ata fin de curso.





martes, 24 de octubre de 2023

CONMEMORAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

 


Hoxe é unha data especial, o 24 de outubro conmmemoramos un ano máis o día das bibliotecas dando inicio ao proxecto "Galicia somos nós". Os alumnos do centro cantaron con moito tino a canción lingua guapa. 
Unha conmemroración doble xa que celebramos o noso 1º premio de Clubs de Lectura concedido polo Ministerio de Educación dotado con 5000 euros para a nosa biblioteca e que nos enche de ledicia.


jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA - PRESENTAMOS O PROXECTO UN CONTO UNHA MALETA



No noso cole coincidindo co día da biblioteca, o 24 de outubro, inauguramos o proxecto "Un conto, unha maleta". Aproveitemos para expoñer, por cursos, representacións de contos relacionados con cada país do proxecto de centro.
Empezamos escoitando "viaxando a Kenia", logo chegamos ata Estados Unidos a través do conto "Pequeno xigante" e camiñamos cara o norte prestando atención ao poema “Groenlandia”. A nosa viaxe continuou mediante “Hércules e o Xigante”, “O nacemento do dragón” e “Matrioska”. Dirixímonos de novo ao continente americano para saber cal foi “el primer baile del hombre”, a continuación unha momia asustounos a través do “conto da momia”. Tamén descubrimos “o noso principiño” e rematamos a viaxe con “Cirilo e a grulla”.
Podedes adiviñar a que países viaxamos a través do título dos nosos contos?


lunes, 22 de octubre de 2018

PRIMEIRA EMISIÓN RADIOFÓNICA

Como xa sabedes, este ano temos como proxecto de centro "os medios de comunicación e a convivencia". Con motivo disto e aproveitando a celebración do día das bibliotecas, o equipo de mestras da biblio, en colaboración coa mestra de música, simularán para todo o alumnado do centro a PRIMEIRA EMISIÓN RADIOFÓNICA, o día 24 de outubro ás 12:00h, na biblioteca do centro.

martes, 27 de octubre de 2015

DÍA DA BIBBLIOTECA

O venres celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA. Estas foron as recomendacións dos alumnos do noso centro que podedes ver na entrada:








jueves, 22 de octubre de 2015

DIA DA BIBLIOTECA

O vindeiro 24 de outubro celebraremos o DÍA DA BIBLIOTECA. Dende a Biblioteca do cole propoñemos unha actividade chamada "RECOMÉNDOCHE..." na que cada alumno debuxará a portada do libro que lle recomenda aos compañeiros, incluindo o título, o autor e a editorial. Con todas estas aportacións faremos un mural na entrada da Biblioteca.