AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
miércoles, 13 de mayo de 2026
lunes, 15 de diciembre de 2025
TORNEO DO ESPELLO DE ODESED
A última sesión do club de lectura "A maxia da lectura" estivo marcada por unha actividade moi especial: o Torneo do Espello de Oesed, unha proposta inspirada no universo de Harry Potter que puxo a proba os coñecementos e a capacidade de traballo en equipo do alumnado.
Os participantes organizáronse por casas, seguindo a tradición de Hogwarts, e tiveron que superar diferentes retos relacionados coa lectura de Harry Potter e a pedra filosofal. Preguntas sobre os personaxes, os lugares máxicos, os acontecementos da historia e as curiosidades do libro permitiron comprobar o atentos que estaban durante a lectura.
Ao longo do torneo, os equipos sumaron puntos grazas á súa participación, á cooperación entre os seus membros e á súa habilidade para resolver os desafíos propostos. O ambiente estivo cheo de emoción, compañeirismo e, por suposto, moita maxia.
Parabéns a todas as casas participantes polo seu entusiasmo e pola súa gran participación nesta xornada máxica!
