Mostrando entradas con la etiqueta As bruxas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta As bruxas. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de mayo de 2022

CINE NA BIBLIO ... AS BRUXAS

 


Hoxe os membros do club de lectura tiveron unha sesión de cine na biblio. Vimos o libro "As bruxas" que foi levado ao cine en varias ocasións na versión cinematográfica de Robert Zemeckis. Por suposto foi fabuloso voltar as sesións de cine na nosa biblio. O próximo libro que leremos será outro clásico, esta vez da man de Lewis Caroll, as aventuras de "Alicia no país das marabillas" ... pero iso xa é outra historia. 




lunes, 21 de marzo de 2022

CLUB DE LECTURA DO LIBRO AO CINE ... AS BRUXAS DE ROALD DAHL

 


O club de lectura reuniuse de novo. Nesta ocasión coñecimos máis cousas sobre a vida do autor e afondamos sobre o libro que estiveran a ler "As bruxas". Un libro que trata duns seres difíciles de atrapar porque pareceb persoas normais, que odian aos nenos con todo o seu ser, que desfrutan tramando plans e facendo desaparecer nenos (un por semana) , e que parecen señoras simpáticas (incluso poderían ser mestras)!!. Un libro fantastibuloso ... pero como foi levado ao cine? 
Na próxima xuntanza saberémolo.






viernes, 18 de febrero de 2022

CLUB DE LECTURA DO LIBRO AO CINE ... AS BRUXAS DE ROALD DAHL

 



Como xa sabedes o noso club de lectura leva por título "DO LIBRO AO CINE" e unha vez rematado o libro compre ver a súa versión cinematográfica.
Por motivos de seguridade ante a incidencia da COVID-19 o equipo da biblioteca decidiu non facelo de forma presencial e por iso poñemos á vosa disposición a segunda quenda dos DVDs da película "Charlie e a Fábrica de Chocolate" na versión dirixida por Tim Burton para que pasedes unha tarde de cine na casa. O seguinte libro que saiu na votación é As bruxas, de Road Dahl do que tamén aproveitamos para presentar e repartir os exemplares do libro. Unha historia que non trata das típicas bruxas que aparecen nos contos de medo... calquera podería ser unha bruxa. Unha historia na que un neno se enfronta á terrible asociación de bruxas de Inglaterra comandadas pola malvada Gran Bruxa.