viernes, 18 de febrero de 2022

CLUB DE LECTURA DO LIBRO AO CINE ... AS BRUXAS DE ROALD DAHL

 



Como xa sabedes o noso club de lectura leva por título "DO LIBRO AO CINE" e unha vez rematado o libro compre ver a súa versión cinematográfica.
Por motivos de seguridade ante a incidencia da COVID-19 o equipo da biblioteca decidiu non facelo de forma presencial e por iso poñemos á vosa disposición a segunda quenda dos DVDs da película "Charlie e a Fábrica de Chocolate" na versión dirixida por Tim Burton para que pasedes unha tarde de cine na casa. O seguinte libro que saiu na votación é As bruxas, de Road Dahl do que tamén aproveitamos para presentar e repartir os exemplares do libro. Unha historia que non trata das típicas bruxas que aparecen nos contos de medo... calquera podería ser unha bruxa. Unha historia na que un neno se enfronta á terrible asociación de bruxas de Inglaterra comandadas pola malvada Gran Bruxa.





No hay comentarios:

Publicar un comentario