viernes, 15 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (V) EN GALEGO


Fai un ano, por estas datas, estábamos cantando e bailando no patio do colexio con Paco Nogueiras, recordades? Pois decidimos escoller unha desas cancións para esta ocasión. As mestras quixemos representar dalgún modo o respecto e o orgullo que temos pola nosa lingua e decidimos abrir de novo a maleta,  facendo tamén unha pequena homenaxe ao autor que conmemoramos este ano, RICARDO CARVALHO CALERO.
Agardamos que vos guste e que comprobedes que EN GALEGO...MEU O MUNDO É !!!!
Preme na imaxe para velo.
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020
BIBLIOTECA DO CEIP DE CURTIS



jueves, 14 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (IV) DESCUBRE AS LETRAS


Os estudos, celebracións e recoñecementos para o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2020 están agora mesmo cubertos cun manto escuro chamado COVID19.
A poboación confinada, os actos adiados, as escolas pechadas... cantos impedimentos para un homenaxeado que leva décadas proposto para a honra do Día das Letras e para o que, por fin, chegara o momento. Érguense voces pedindo un 2021 tamén para Carvalho Calero, semella que a situación actual non é axeitada para lle facer xustiza a este ilustre persoeiro para o que, por fin, chegara a hora do recoñecemento.
Mentres a situación se aclara sabemos da vosa heroicidade, vós podedes rescatar as Letra Galegas, anímaste á aventura?

Se queredes pasar un bo rato pinchade na imaxe de abaixo.

miércoles, 13 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (III) O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CALERO

 Os membros da Real Academia Galega estaban preparando todo para celebrar a festa das Letras cando, por mor o COVID-19 tiveron que liscar para as súas casas diexando todo tal e como estaba! 
Como a todos nós, pillounos por sorpresa e quedou todo ciscado sen moita orde.
Serás quen de buscar os libros perdidos, axudándolles a ordenar todo para poder coñecer un pouco máis da vida e obra deste autor?
Preme na imaxe para xogar.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020
BIBLIOTECA DO CEIP DE CURTIS

martes, 12 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (II) AS PITAS BAIXO A CHOIVA



Ludivina e Tareixa son dúas galiñas que viven no corral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que ás veces ven a xogar con elas. Pero temen que ese día chova, pois cando esto acontece Ricardiño tolea e as persegue ata encerralas no corral...
Podedes ver este conto no seguinte video e facer as fichas interactivas. Esperamos que vos guste.

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020
CEIP DE CURTIS

lunes, 11 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (I) SEMINARIO GALÁN


Como xa sabedes, este ano o homenaxeado polas letras galegas é Ricardo Carvalho Calero. Abaixo podedes coñecer datos sobre a súa vida e realizar algunhas actividades na páxina do seminario Galán.
Premede na imaxe para acceder:



SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020
BIBLIOTECA DO CEIP DE CURTIS