martes, 24 de octubre de 2023

martes, 10 de octubre de 2023

RECEPCIÓN DE ROMÁN RODRÍGUEZ AOS CENTROS GAÑADORES DOS CLUBS DE LECTURA

 



Hoxe a Directora do Ceip de Curtis, María Jesús Barral Bascoy e a coordinadora da Biblioteca, Maria Isabel Castiñeira Souto foron recibidas na Cidade da Cultura, xunto cos representantes dos demais centros premiados no Concurso Nacional de Clubs de Lectura. 
No acto presidido polo Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades Román Rodriguez e a Xefa do Servizo de Innovación e Programas Educativos Elena Castro animáronnos a continuar coa nosa labor para incentivar a lectura.




lunes, 2 de octubre de 2023

CLUB DE LECTURA: RESULTADO DA VOTACIÓN

 

Hoxe convocamos aos participantes no club de lectura para comunicar o resultado das votacións. Con ampla maioria resultaron seleccionadas dúas sagas. Segundo a votación comenzaremos coa lectura do último libro publicado de a saga “Los futbolísimos” de Roberto Santiago. Continuaremos coa saga “O Diário de Greg”. Aproveitaremos para poñer a disposición dos membros do club as sagas completas para que as poidan ler se o desexan. Será todo un reto para o equipo da biblioteca co que agardamos disfrutar nesta edición. 






PRIMEIRO PREMIO NACIONAL DE CLUBS DE LECTURA

 

Hoxe temos a gran sorte de poder compartir con toda a comunidade educativa do Ceip de Curtis a alegría por ter recibido o primeiro premio nos Clubs de Lectura do Ministerio de Educación e formación profesional.
Este centro educativo xa recibira un segundo premio no curso anterior. Este ano, logramos o primeiro e énchenos de satisfacción porue ademáis da dotación económica ( 5000 euros) que nos permitirá facer melloras na biblioteca sentimos orgullo polo recoñecememto a unha labor que levamos facendo durante anos.

No seguinte video podedes ver un resumo do club de lectura do curso 2022/23 "O MUNDO MÁXICO DE HARRY POTTER" que resultou premiado.



GUÍA DE USUARIOS DA BIBLIOTECA DO CEIP DE CURTIS