O NADAL MÁXICO EN GALICIA
CAPÍTULO 1.- UN COMEZO ESPECIAL
Era a véspera de Nadal e en Galicia as luces das casas e os abetos decorados brilaban en cada rincón. Nesta terra chea de tradición e misterio o Nadal tiña un encanto especial.
No pequeno pobo de Curtis vivía unha rapaciña chamada Marta e un rapaciño chamado Lois. Estes dous nenos tiñan o don da música. Marta tocaba o piano e oviolín dende moi pequena e a Lois encantáballe cantar e bailar. A música fluía nos seus corpos e o seu talento era coñecido en todos os arredores.
Esa noite, os nenos e as nenas de 3º do colexio de Curtis decidiron compartir a súa música cos habitantes do pobo. Prepararon as súas voces e os seus instrumentos e adornaron con luces navideñas a praza do pobo. O aire fresco de decembro encheuse coa melodía de "NAVIDAD" (de Ozuna). Todas as persoas do pobo reuníronse na praza, conmovidos pola beleza da música.
CAPÍTULO 2.- O AGASALLO DAS ESTRELAS
Mentres as xentes de Curtis cantaban ao son da canción, unha suave neve comezou a caer. Os copos de neve parecían estrelas que descendían do ceo mentres os nenos e as nenas de Infantil interpretaban agora as cancións "MAKE A CIRCLE" e "APALPADOR" ( de Malvela).
De repente, unha figura misteriosa apareceu na distancia. Era un ancián apacible, barbudo e grandote; que levaba boina e vestía unha chaqueta colorida con pantalóns cheos de remendos. Non era outro que o Apalpador. Sorriu e achegouse ós nenos e ás nenas que sorprendidos deixaran de cantar.
O Apalpador entregoulles dúas partituras douradas. Eran dúas pezas de música que nunca escoitaran antes e explicoulles que aqueles cantares tiñan o poder de traer alegría ao corazón de quen a escoitara; sempre e cando a interpretaran todo todo o seu corazón, o día de Noiteboa, baixo o ceo estrelado do inverno. Os nenos e as nenas de primeiro e segundo, prometéronlle que así o farían e cantaron e bailaron as cancións "JINGLE BELL ROCK" e "OBLADÍ-OBLADÁ"
CAPÍTULO 3.- A MAXIA DA MÚSICA
Agradecido pola interpretación o Apalpador desapareceu na neve, deixando ós habitantesde Curtis emocionados con aquel fermoso agasallo. O pobo estaba en evervescencia na tarde de Noiteboa. As casas estaban decoradas e soaba a canción "FOLERPIÑAS" interpretada polos nenos e as nenas de 4º.
Cando chegou a noite a xente seguía emocionada, baixo un ceo estrelado os nenos e as nenas de 5º comezaron a interpretar a canción "FIGA" (de Tanxugueiras). A música fluía cunha beleza indescriptible. A medida que interpretaban a peza, algo máxico comezou a suceder. As luces das casas empezaron a parpadear ao ritmo da música, coma se as estrelas estivesen bailando. As árbores de Nadal parecían cobrar vida e todos se abrazaron na praza, sentindo una profunda alegría nos seus corazóns.
A música dos nenos e das nenas encheu todo Curtis cunha maxia que só o Nadal en Galicia podía ofrecer. A xente cantou a melodía, creando un coro celestial que resoou en todo o pobo.
CAPÍTULO 4.- UN RECORDO INESQUECIBLE
A medida que a música chegaba ao seu punto culminante, unha estrela fugaz cruzou o ceo, deixando un rastro billante. O público asombrouse mentres seguían cantando e bailando os nenos e nenas de 6º unha escolma de música e ditos galegos baixo o título "GALICIA INVÍTATE ESTE NADAL".
Cando a última nota soou, o ceo iluminouse con fogos artificiais que semellaban estrelas fuagaces. Era coma se as mesmas estrelas estivesen celebrando tamén a maxia da música esa noite especial.
O Nadal en Galicia nunca voltaría a ser igual. Os nenos e as nenas de Curtis compartiran o agasallo das estrelas con toda a xente do pobo e esa noite convertiuse nun recordo inesquecible para todos.
Dende entón, en cada Nadal, aquelas melodías interpretábanse en Curtis, lembrando que a maxia da música e do Nadal sempre estarían unidas nese lugar especial.
Deste xeito, a maxia do Nadal viviu no corazón da xente de Curtis, inspirándoos a compartir amor, amizade, música e ledicia en todos os tempos de Nadal futuros.
Visita a páxina web do centro para ver o festival:
No hay comentarios:
Publicar un comentario