AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
martes, 15 de julio de 2025
jueves, 19 de junio de 2025
PROXECTO NÓS SOMOS HISTORIA: O SÉCULO XX
Panel para o tapiz "Nós somos historia" elaborado polos alumnos de 6º de primaria durante
o curso 2024-2025
Ao longo do curso 2024-25 os alumnos de 6º de primaria traballaron sobre o século XX. Investigaron sobre a emigración galega, os indianos e a Guerra Civil a través da memoria dos avós. Estudaron o Estatuto de Autonomía e a creación das institucións galegas. Reflexionaron sobre a pandemia da COVID-19, a defensa do patrimonio natural (visitando a Praia das Catedrais) e a era dixital. Tamén traballaron sobre autores galegos como Neira Vilas, Castelao, Blanco Amor e Manuel Rivas. Todo este coñecemento foi recollido en soportes dixitais, vídeos e no tapiz colectivo do proxecto na exposición.
A continuación podedes ver os videos sobre o proxecto en galego e en inglés dispoñibles na nosa canle de youtube no que expoñen as investigacións levadas a cabo durante este curso.
miércoles, 18 de junio de 2025
PROXECTO NÓS SOMOS HISTORIA: O SÉCULO XIX
Panel para o tapiz "Nós somos historia" elaborado polos alumnos de 5º de primaria durante o curso 2024-2025.
Ao longo do curso 2024-2025 os alumnos de 5º de primaria traballaron sobre o século XIX. Investigaron sobre temas como a emigración e a arquitectura indiana. Culturalmente tivo lugar o Rexurdimento con Rosalía, Pondal e Curros. Tamén como a modernidade trouxo a Curtis o ferrocarril. Os alumnos de 5º tiveron a oportunidade de participar nun obradoiro con Paola Guimeráns especialista en e-téxtiles e traballaron co programa Scratch e coas Makey-Makey facendo o seu panel interactivo.
A continuación podedes ver os videos no que recollen o resultado das súas investigacións en galego e en lingua inglesa recollidos na nosa canle de Youtube:
Alumnos de 5º de primaria visitando a exposición nas "Xornadas de portas abertas" en xuño de 2025
BIBLIOTECA DO CEIP DE CURTIS
CURSO 2024-2025
lunes, 9 de junio de 2025
OBRADOIRO DE TEATRO RADIOFÓNICO CON CRISTINA COLLAZO

Podes visitar a nosa conta de Instagram premendo na imaxe:
sábado, 7 de junio de 2025
Suscribirse a:
Entradas (Atom)