Durante a investigación, tiveron a oportunidade de coñecer mellor a figuras clave da nosa historia, entre elas María Pita, cuxo exemplo de valentía resultou especialmente inspirador para o alumnado.
O proxecto non se limitou só á parte teórica. Os nenos e nenas traballaron tamén na preparación do tapiz colectivo, no que representaron os feitos históricos máis destacados a través de cadros pintados sobre liño.
Para completar a experiencia, elaboraron unha presentación en galego e en inglés, na que explicaron o seu proceso de investigación e compartiron curiosidades sobre a Idade Moderna. Unha experiencia moi enriquecedora na que combinaron investigación, creatividade e comunicación, converténdose por uns días en auténticos pequenos historiadores.

.png)



.png)
.png)


.png)
.png)
.png)
.png)