sábado, 22 de marzo de 2014

A NOVA BIBLIOTECA.

        Onte celebramos un día moi especial no Centro . Inauguramos a nova biblioteca que esperamos sexa un lugar cheo de sorpresas e lecturas. Comezamos o acto agradecendo a colaboración do Concello, que tanto nos axudou na posta en marcha da mesma: cableado para postos de ordenadores e PDI e pintado da biblioteca; tamén da ANPA que nos axudou en absolutamente todo o que lles pedimos, incluida a chocolatada con biscoito tan riquísimo ao que nos convidou!! Moitas grazas!!.
Pero tamén ao profesorado, tanto deste ano como do anterior, e que algúns xa non están. Xa que participaron nun traballo longo, e sobre todo nos primeiros tempos, moi lento, xa que non se via o avance: expurgo, forrado de libros, reubicación dos mesmos, ordenar alfabéticamente nas baldas, catalogación no Meiga.. ademais de que participaron no proxecto de formación que se leva a cabo no Centro, fora do horario lectivo. A todos eles/elas MOITAS GRAZAS!!
        Tamén entregamos os premios do concurso "debuxa a Raiola na biblioteca". Ainda que só habería un gañador/a, eran tan bonitos os debuxos que se entregaron premios por ciclos. Fixo entrega dos mesmos o noso inspector: D. Félix Perujo del Llano. Estes son os gañadores:

                           -INFANTIL: HUGO PADERNE UZAL.
                           -1º CICLO: MIREYA SÁNCHEZ GARCÍA.
                           -2ª CICLO: ROCÍO DEL PILAR LUJÁN CHAVEZ.
                           -3º CICLO: UXÍA GARCÍA IGLESIAS.
 
          Noraboa aos gañadores e moitísmas grazas por participar ao resto dos nenos/as. Aquí podedes ver o bonitos que eran todos.

 
 
        Despois os nenos/as de 6º, os maiores do cole, que xa se nos marchan prontiño, realizaron esta presentación dos espazos da biblioteca que esperamos que vos guste.

 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/presentacion%20biblioteca/PRESENTACION%20BIBLIOTECA%20DEFINITIVA.swf
 
 
 
         A continuación, de novo os alumnos/as de 6º realizaron un teatro de sombras representando o conto de "Nadarín". E por último dimos boa conta do chocolate con biscoito que estaba delicioso!! aquí tedes imaxes destes momentos.


https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/inauguracion%20biblioteca/template.swf
 
 
      Por último aquí vos deixamos imaxes da nova biblioteca nesta presentación. Aproveitamos para dar as GRAZAS!!! a todas as persoas que se achegaron  ao Centro para compartir con nós este día!.
      E tamén queremos dar as grazas ás persoas sin as cales non sería posible esto, por un lado, a madeiras Seoane, que realizou os novos mobles e nos axudou moitísimos á hora de organizar os novos espazos, medidas,e guiándonos no que era mellor para nós; e tamén a Alba Varela González, que nos fixo toda a cartelería da nova biblioteca ademais de ambientala con detalles orixinais  que sen dúbida a fai tan especial!. Moitísimas grazas polo voso gran traballo e por ter tan grandes ideas!!.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/nova%20biblioteca/template.swf
 

miércoles, 19 de marzo de 2014

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA.

      Como todos e todas sabedes xa, inauguramos a nova biblioteca este venres!!! Estades todos/as convidados e.... agardannos sorpresas!!.

 

martes, 18 de marzo de 2014

TEATRO DE INGLES.

        Os alumnos de primaria visitaron o colexio de Cesuras para ver obras de teatro en inglés, da compañía Cleverpants. Se pinchas na imaxe de Raiola levarate ao blog de 2º ciclo onde poderás ver esta actividade. Tamén nos diferentes blogs, tedes enlaces para escoitar as cancións que soaron nas representacións.


http://segundociclocurtis.blogspot.com.es/2014/03/onte-fomos-ver-ao-colexio-de-cesuras.html
 
 

sábado, 15 de marzo de 2014

LETRAS GALEGAS

        Este ano o homenaxeado nas letras galegas é Xosé María Díaz Castro, poeta orixinario de Guitiriz. Xa temos no Centro un recanto con parte da sua obra, e tamén se están preparando actividades arredor dela. Para coñecer un pouco más a figura de Xosé María pincha na imaxe do noso mural.
 
http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeado/xose-maria-diaz-castro_2014
 

ROSALÍA DE CASTRO.

       O 24 de febreiro realizabase a clausura do 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, primeiro libro monolingüe en galego. No Centro, quixemos facer a nosa pequena aportación ao peche deste ano, cun mural onde ser recollen fragmentos da súa obra.
 
 

PLATERO Y YO.

       Este ano celebramos o centenario da publicación de "Platero y yo", obra de Juan Ramón Jimenez. Esta publicación, nun principio, non foi dirixida ao público infantil, ainda que posteriormente foi neste onde acabou tendo maior éxito.
       No centro realizaremos actividades en torno a esta obra, que pronto presentaremos. Pero por agora, comezamos elaborando ao "noso Platero" que está na entrada do cole.





         No seguinte enlace podes ver unha presentación moi divertida de "Platero y  yo". Esperamos que vos guste.

http://www.storyjumper.com/book/index/13684082/Platero-y-yo#
 

domingo, 2 de marzo de 2014

FESTA DE ENTROIDO.

      Esta semana foi moi divertida no Centro. Dende  o luns estivemos seguindo os mandados dos mecos que estaban na entrada do cole. Cada día tiñamos que traer algo: na cabeza, no pescozo, na cara, nos pes... Tamén preparamos uns antifaces na casa, coa axuda das nosas familias, e con eles elaboramos uns preciosos murais, organizados por ciclos. Que bonito quedou o cole!!!.





      E por último, o venres, fixemos unha festa pola tarde. Puidemos comer orellas e rosquillas, pero tamén bailar!!!! e os máis atrevidos cantar no karaoke!!! que ben o pasamos!!!.
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/festa%20entroido/template.swf
 
 

miércoles, 12 de febrero de 2014

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

       Hoxe visitounos Doris. Contounos un conto moi divertido e moi especial...xa que viamos os debuxos nun papel dentro dunha television!!! Doris, tamén nos presentaba as personaxes do conto, relacionándoas con instrumentos musicais, o cal foi moi divertido. Logo deixounos tocar moitos instrumentos: cunchas, piano, pandereta, pandeiro, pitos, bombo.. Pasámolo moi ben. A continuación podedes ver a os nenos e nenas de infantil.
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/contacontos%20febreiro/template.swf
 
 

martes, 11 de febrero de 2014

DEPORTES DE INVERNO.

      Os nenos e nenas de 5º e 6º realizaon un traballo para Educación Física, sobre os deportes de inverno. Con todos eles fíxose unha exposición que podedes ver a continuación. Canto traballan estes nenos e nenas!!!.
 

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/deportes%20de%20inverno/template.swf
 
 

O TREN DO INVERNO

       Xa temos no Centro o tren de inverno. Nesta presentación veredes os dous trenes de Primaria e tamén o tren que está en Infantil. Estos trenes veñen cargadiños de roupa de abrigo porque con este frío.... brrrrrrrrr!.
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/tren%20do%20inverno/template.swf
 
 
 

lunes, 3 de febrero de 2014

O NOSO BAILE DO DIA DA PAZ.

         O día da paz tamén levamos a cabo un baile no que participou todo o Centro. Para iso, estivemos ensaiando nos días anteriores, así que ese día todos estabamos preparadísimos!! Neste video podedes ver o ben que o fixemos!!

domingo, 2 de febrero de 2014

DIA DA PAZ.

        Para o día da paz realizamos no Centro murais que se elaboraron por ciclos. O Centro quedou precioso con toda a ambientación propia desta data. Tamén se realizou un recanto con lecturas para este día. Aquí tedes unha mostra de como quedou!!.
 




 
 

domingo, 12 de enero de 2014

LECTURAS RECOMENDADAS.


        Estas son as lecturas recomendadas para este curso. Todas elas están escritas ou ben colabora, Jacobo Fernández Serrano, escritor e ilustrador. Esperamos que leades moito e con moita atención porque espérannos actividades arredor destes libros....
LECTURA DE 1º
 
 

LECTURA DE 2º E 3º

 
 
LECTURA DE 4º


LECTURA DE 5º

 
 
LECTURA DE 6º